viernes, 28 de septiembre de 2018

BOMBEIROS NA BIBLIOTECA DO RATO

Onte gozamos dunha visita moi especial.
Como noutras ocasións, un equipo de bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova, acudiu ao cole para mostrarnos un vídeo e darnos unha charla dos consellos máis importantes a ter en conta no caso de incendio e como efectuar unha evacuación.
Despois de escoitar atentos a información, puxémos en práctica o aprendido. Os bombeiros simularon fume nas aulas e saímos ao exterior moi ben organizados. Xa, no patio, mostráronnos os seus camións cos utensilios e materiais.
Así de ben o pasamos.





















martes, 25 de septiembre de 2018

TAPÓNS SOLIDARIOS

No día de onte a Asociación Amigos de Galicia, acudiu ao cole a darnos unha charla sobre o seu traballo e en especial sobre a recollida solidaria de tapóns.
Escoitamos moi atentos a información e tamén fixemos unha actividade práctica.
Agora temos todo o curso por diante para recoller tapóns e así poder axudar aos que máis o necesitan.













viernes, 14 de septiembre de 2018

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO RATO

Benvidos un ano máis á nosa BIBLIO!!
Dámoslle unha calorosa e especial benvida aos novos alumnos/as, pais, nais e profes que se incorporan este ano á nosa comunidade educativa.
Este ano seguiremos montados nun balón para dar a Volta ao Mundo estudando os países nos que se celebrou o Mundial de Fútbol. Tamén festexaremos as festas máis conmemorativas e viviremos grandes aventuras xuntos!! Estades preparados??