martes, 26 de febrero de 2019

ESTRELAS ROCKEIRAS

Como ben sabedes, o Rato, neste Entroido mandou traer cada día un accesorio, roupa, maquillaxe e peiteado rockeiro e hoxe xoves desfilaron todos tipo de estrelas do ROCK polo cole coas súas guitarras, gafas, camisetas dos grupos favoritos e demais complementos.
Así de guap@s nos puxemos e así de ben o pasamos!!







24 DE FEBREIRO. RAMIRÁS CON SUPER - ROSALÍA

O 24 de febreiro foi o aniversario de Rosalía e dende a Biblioteca do Rato, lembrámonos desta data tan característica da nosa lingua e quixemos renderlle homenaxe, como ben se merece.

Como Rexurdora da lingua Galega, muller emprendedora e loitadora, nesta ocasión caracterizámola de SUPER HEROINA converténdoa en SUPER - ROSALÍA.
Cada alumn@ escolleu unha estrofa dun poema que escribiu nun marcapáxinas e que posteriormente coloreou e decorou.

Así de fermosos nos quedaron os marcapáxinas da nosa SUPER HEROINA da lingua Galega!!











miércoles, 20 de febrero de 2019

ENTROIDO

Como ben sabedes no Entroido de Ramirás manda o noso Rato e ninguén máis!!
Este ano déuselle polo ROCK e ordea que cada día veñamos ao cole cun accesorio ou peza de vestir rockeira, para rematar o xoves cun peiteado e maquillaxe e nos convirtamos en auténticas estrelas do ROCK.
Para finalizar a semana de ENTROIDO, o venres cada alumn@ poderá vir ao colexio disfrazado co disfrace que máis lle guste e le apeteza!! 
Comezade xa a preparar os vosos disfraces e QUE COMECE A FESTA!! VIVA O ENTROIDO!!






viernes, 1 de febrero de 2019

DÍA DA PAZ

Onte 30 de xaneiro, festexamos o día da PAZ na nosa biblioteca para recordar que a Paz debe de estar presente no noso día a día, nos nosos desexos, nos nosos actos para contribuír a mellorar o mundo. 
Os nosos alumn@s téñono moi claro e coa lectura dos acrósticos e caligramas, coa representación dos contos "A manchas ou a raias" e "A bruxa Discordia"  e coa canción " Bicos, abrazos e apreixóns" déronnos unhas leccións de igualdade, xenerosidade e rexeito á violencia que son o mellor camiño para achegarnos á PAZ!!
Así de ben o pasamos !!