viernes, 27 de mayo de 2016

FERNANDO BOTERO

O último pintor que estudaremos neste curso será Fernando Botero. Para iso, coma sempre repasaremos a súa biografía e navegaremos pola internet en busca dos seus cadros para observalos e estudalos a fondo.








 Podedes ver algúns dos seus cadros no seguinte vídeo.



O noso mural xa está exposto na biblio.
A súa biografía.

RELOXOS BRANDOS DE DALÍ

Como ben sabedes, o último pintor que estivemos a estudar foi Salvador DALÍ. Nesta ocasión tocou reproducir os seus reloxos brandos do seu famoso cadro: "A persistencia da memoria".

Así de ben o pasamos construíndo os reloxos e así nos quedaron.








CONVIVENCIA DAS LETRAS GALEGAS NO CEIP SAN MARCOS DE CARTETLLE

Na xornada de onte disfrutamos dun xenial día de convivencia no Ceip San Marcos do concello veciño de Cartelle. Unha vez máis, compartimos experiencias cos alumnos/as e cos seus mestes/as. Xuntos disfrutamos dos xogos  e do  no festival  das Letras Galegas que nos  tiñan organizado, compartimos xantar, baile e xogos de recreo.

Así de ben o pasamos.


martes, 24 de mayo de 2016

XIRASOLES

Coa chegada da primavera os xirasoles de Van Gogh floreceron no noso colexio.




viernes, 20 de mayo de 2016

ENCONTROS DE TEATRO

Os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria, un ano máis, fixeron unha excelente representacíón teatral nos "XXI Encontros de Teatro Escolar e Amateur " que se celebran cada ano no concello de Bande.

Aquí podedes  ver as fotos da representación.

lunes, 9 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS

Estas semanas traballaremos coa figura de Manuel María. Para iso dende as distintas clases repasaremos a súa biografía a través dos carteis informativos que a Consellería de Educación proporcionou e que xa están expostos no colexio á disposición do alumnado. Do mesmo xeito, traballaremos coas actividades en liña que nos proporciona o Seminario Galán e podedes acceder dende o seguinte enlace:

http://seminariogalan.org/inicio/portada


Un ano máis asistiremos aos Encontros de Teatro Escolar e Amateur que organiza o Concello de Bande, onde os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria representarán a obra teatral: " Aprende Cachola, que estamos na escola"

Este ano, por primeira vez, iremos de invitados ao Festival das Letras Galegas que organiza o Ceip San Marcos do concello veciño de Cartelle.


jueves, 5 de mayo de 2016

SALVADOR DALÍ

Empezamos con outro grande do eido da pintura,Salvador Dalí. Xa estudamos a súa vida e os seus cadros, que nos chamaron moito a atención.
Agora estamos coa parte práctica. Cando rematemos amosarémosvos o resultado. Mentres tanto, déixovos a súa biografía e os seus cadros para que lle botedes unha ollada.



CADROS DE DALÍ



BIOGRAFÍA DE DALÍ