jueves, 18 de junio de 2015

BOAS VACACIÓNS ACOMPAÑADAS DE LECTURAS

Dende a biblioteca do Rato desexámosvos unhas moi boas vacacións de verán.
Aconsellámosvos que durante este verán levedes de vacacións  aos mellores amigos do noso Rato, os libros.

Aquí vos deixamos unhas recomendacións.


REVISTA DO CURSO ESCOLAR 2014 - 15

Un ano máis publicamos a revista do curso escolar 2014 - 15.
Nela atoparedes un resumo de todas as actividades e traballos levados a cabo durante este curso.
Botádelle unha ollada. De seguro que vos vai gustar!!


NORABOA AOS ALUMNOS DE 4º E 5º

Durante este curso os alumnos e alumnas de 4º e 5º participaron no concurso "fai o teu propio xornal" proposto pola xornal "La Región" no que debían elaborar un pequeno xornal do cole.
Estes días comunicáronnos que saíron gañadores.

Moitísimas felicidades polo esforzo e traballo ben feito rapaces!! Seguide así!!

Aquí podedes ver de novo o xornal.






Os gañadores están desexando disfrutar do premio!! 








martes, 16 de junio de 2015

NORABOA EMILY

No primeiro trimestre participamos no concurso "A ciencia que conta" posto en marcha pola universidade de Vigo.
O conto de, Émily Rivera Estévez, foi seleccionado como un dos mellores e está publicado no libriño "A ciencia que conta"

No seguinte enlace podedes botarlle unha ollada aos relatos de ciencia.



Dende a Biblioteca do Rato felicitamos a Émily e dámoslle moitos ánimos para que siga creando contos así de fermosos e faga da creación literaria unha das actividades favoritas





lunes, 15 de junio de 2015

MENS SANA IN CORPORE SANO

Como ben sabedes, os seguidores do noso blog, todas as actividades levadas a cabo no Ceip Rogelio García Yáñez parten da Biblioteca do Rato.
Como non podía ser doutro xeito, o deporte escolar é outra das actividades que ten como nexo central a biblioteca participando nas modalidades de campo a través, fútbol sala e bádminton.
Aquí tendes un resumo de todas as actividades deportivas levadas a cabo este ano.

jueves, 4 de junio de 2015

GAÑADORES DO CONCURSO RECICLA CON TALENTO

O noso cole resultou gañador do Concurso "Recicla con Talento" posto en marcha pola Mancomunide de Terras de Celanova, no que os colexios representantes debían elaborar un monumento da zona usando materiais reciclados do contedor amarelo.
Construímos o Mosteiro de San Pedro de Ramirás, para o que utilizamos máis de 1000 briks de leite, máis de 1100 tapóns de botellas, algunhas latas e plásticos.
NORABOA RAPACES!!





miércoles, 3 de junio de 2015

CADERNO DE EXPERIMENTOS DA BIBLIOTECA DO RATO

O curso remata e antes de facelo queremos ensinarvos o noso pequeno caderno de experimentos da Biblioteca do Rato.
É un resumo dalgúns dos experimentos que levamos a cabo este ano, aproveitando que o proxecto no que nos embarcamos iba relacionado coa ciencia.