jueves, 7 de diciembre de 2023

A DIVERSIDADE É RIQUEZA

Colaboramos co CEE Miño na celebración do Día internacional das persoas con diversidade funcional. Deixamos o noso hashtag na corda da súa buxaina, para unirnos á súa mensaxe #xirandoxuntos. 
Podedes ver como quedou o seu trompo visitando a páxina web do CEE Miño.  

Aquí vos deixamos unha foto do noso hashtag e unha selección de lecturas recomendadas para conmemorar este día. 






lunes, 27 de noviembre de 2023

CORRENDO EN MUÍÑOS

 O 21 de novembro o alumnado de 2º a 6º desprazouse ata Muíños para participar nas carreiras de campo a través que están enmarcadas dentro do programa XOGADE.

Pasamos unha mañá agradable gozando da natureza, ademais de correr e pasalo ben. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dese día.








sábado, 25 de noviembre de 2023

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No cole conmemoramos o Día iternacional da eliminación da violencia de xénero baixo o lema Axúdanos a pór moitas lentes violetas. 

Para este lema tomamos prestada a metáfora "das lentes violetas" de Gemma Lienas, autora do libro O diario violeta de Carlota. Este libro conta a historia dunha nena que recibe a misión da súa avoa de observar o mundo cunhas lentes violetas, é dicir desde unha óptica feminista e igualitaria. Nós tamén quixemos pór as lentes violetas para ser conscientes das discriminacións que día a día sofren as mulleres.

Ademais, o alumnado de 4º e 6º desprazouse ata Celanova para participar, con outros centros da contorna, nun acto conmemorativo.




miércoles, 22 de noviembre de 2023

MIRA QUE BOCA


O pasado mércores día 15 de novembro visitounos Marisol, unha hixienista dental que nos presentou o programa
Mira que boca.

Contounos de forma lúdica como manter unha adecuada hixiene e saúde bucodental, para iso falounos do cepillado e da alimentación. 


Foi moi interesante e aprendemos unha chea de cousas. 







jueves, 16 de noviembre de 2023

CELEBRANDO O MAGOSTO

Aquí vos deixamos un vídeo que resume o noso magosto. Foi unha mágoa que o tempo non nos deixase gozar ao aire libre, pero asegurámosvos que aínda así pasámolo xenial. 




viernes, 10 de noviembre de 2023

DEICA O PRÓXIMO SAMAÍN

É sabido por todos que neste colexio gústanos celebrar o Samaín. Este ano non ía ser menos! Pasámonolo xenial con todas as actividades que realizamos e, por suposto, coa visita ao Túnel da Bruxa. 

Deixámosvos un vídeo que recolle algún dos momentos máis divertidos e terroríficos da semana pasada.






RELATOS DE MEDO POR SAMAÍN

O Rato está moi contento de ter na súa biblioteca un novo libro formado polos relatos de medo escritos polo alumnado e as súas familias.

Picando na seguinte imaxe podedes gozar de todos eles.



viernes, 27 de octubre de 2023

UNHA VISITA ESPECIAL POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 No cole esta semana celebramos o día das Bibliotecas e a nosa actividade estrela foi a visita de Andrea Maceiras.

Andrea é unha escritora galega de literatura xuvenil e o noso alumnado tivo a oportunidade de charlar con ela. Contounos que as ideas dos seus libros ás veces xorden de forma inesperada. Por exemplo, o seu libro Alma de elefante foi escrito a partir dun debuxo feito a lapis que se atopou no chan do templo de Banteay  Srei na súa viaxe a Camboxa.

Ademais, Andrea animounos a que plasmemos en papel as nosas propias historias e a gozar das aventuras que conta nos seus libros.




martes, 10 de octubre de 2023

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA

Xa comezado este curso escolar, dámosvos a benvida a nosa biblioteca. O rato ábrevos as portas con moita ilusión e ganas de que vivades aventuras novas subidos nos libros que garda no seu tobo.

Neste vídeo ensinámosvos como o alumnado de Educación Primaria realizou o primeiro préstamo.



Este ano damos comezo a un novo proxecto titulado "CULTURIZÁNDOTE EN GALICIA", co obxectivo de que o noso alumnado coñeza a súa contorna máis próxima e tome conciencia da importancia da súa conservación.


viernes, 26 de mayo de 2023

LETRAS GALEGAS

A semana previa a celebración das letras galegas, dedicámonos a informarnos sobre a vida e obra de Francisco Fernández del Riego. Cadra grupo realizou actividades que atopamos na páxina do seminario Galán.

Tamén vos deixamos a obra de teatro que prepararon os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria titulada "Restaurante o Farruco". Para vela picade no seguinte enlace:

RESTAURANTE FARRUCO





miércoles, 24 de mayo de 2023

SEMANA DO LIBRO 2023

Do 17 ao 21 de abril, celebramos a semana da libro. Para celebrala durante esa semana levouse a cabo os apadriñamentos lectores desde educación infantil a sexto de educación primaria. 

Desfrutamos moito todos xuntos lendo ó aire libre.



VISITA INNOVART 2023

O pasado 13 de abril, o alumnado de primaria acudiu a InnovArt 2023 no Gaiás Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Trátase dun evento que aglutina as ensinanzas artísticas, as ensinanzas de idiomas e as ensinanzas deportivas  que se imparten en Galicia. As actividades nas que se podía participar eran:

- Mostras e exhibición das distintas ensinanzas.

- Obradoiros de artes plásticas e deseño.

-Traballos de conservación e restauración de bens culturais.

- Actividades didácticas de música e danza, así como de idiomas.

- Actividades deportivas.

- Espazos escénicos con actuacións en directo.



XOGOS POPULARES

O pasado mes de marzo tivemos  unha visita moi especial. Lito visitou o noso cole para facer un obradoiro de xogos populares.

 








jueves, 23 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo conmemoramos o día internacional da muller. Para celebralo, nesta ocasión acudiu ao centro a contacontos Uxía Morán para expor os seguintes contos: "Ricitos de oso", "Maruxa", "Guapa", "Princesa rebelde", "Daniela pirata".

Tamén fixemos distintas actividades nas aulas, como un ordenador conmemorativo e unhas flores moi bonitas que colocamos nun mural  que fixemos sobre Frida Kahlo.

Aquí tedes unhas fotiños das actividades.












miércoles, 22 de marzo de 2023

CIBERSEGURIDADE

O pasado 2 de marzo, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de EP asistiron a unha charla impartida pola Garda Civil sobre CIBERSEGURIDADE

Esta charla é unha das actuacións incluídas dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.




jueves, 2 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

Este ano no Rogelio García Yáñez conmemoramos o días da nosa escritora máis internacional elaborando unhas casiñas con poemas seus.

FELIZ DÍA!!!!


















TALLERES ALIMENTACIÓN E VIDA SAUDABLE

O pasado xoves 23 de febreiro visitou o noso cole o nutricionista Miguel Portomeñe, que forma parte do servizo de atención primaria de Celanova, para realizar un taller titulado "Comendo cores" sobre nutrición e alimentación saudable.






jueves, 23 de febrero de 2023

VIVA O ENTROIDO

 

Como non podía ser doutro xeito, durante a semana do 13 ao 17 de febreiro festexamos o Entroido. De luns a xoves seguimos as mandas do meco para converternos nuns auténticos "rockeiros".
O venres 17 acudimos ao cole disfrazados dende as nosas casas. Pola mañá bailamos, divertímonos e corremos polo patio. Despois pintamos e decoramos con cores as olas de barro, que usamos pola tarde para xogar. Á hora do xantar degustamos un delicioso cocido e as típicas orellas de Entroido.
Pola tarde, os alumnos de primaria, xogamos a ser auténticos "carnavaleiros" coas olas de barro e os alumnos de infantil fixeron o mesmo coas súas piñatas.

Así de ben o pasamos neste estupendo día de Entroido.



viernes, 10 de febrero de 2023

ENTROIDO

Un ano máis o ENTROIDO está chegando. Aquí vos deixamos os mandatos deste ano. O venres, cada neno/a poderá vir ao colexio co disfrace que máis lle guste e desfrutaremos desta festa que tanto nos gusta.

Recordade que no ENTROIDO DE RAMIRÁS, manda o RATO e ninguén máis!!