viernes, 30 de enero de 2015

FESTEXAMOS O DÍA DA PAZ

Hoxe venres, 30 de xaneiro, rendimos homenaxe á PAZ, a compañeira que a partir de hoxe viaxará con nós alá onde vaiamos.
Comezamos a xornada, decorando a entrada do colexio cun gran arco da vella da PAZ, onde previamente cada clase pintou un elemento: corazóns, flores, estrelas, árbores, pombas, mans e bonecos.
De seguido, os alumnos de infantil e primeiro grupo léronnos uns poemas cheos de sentimentos e bos desexos .
Os alumnos de segundo grupo leron os acrósticos, poemas e caligramas, que eles mesmos elaboraron, para a construción dun mundo mellor, máis xusto, máis humano e tolerante.
Acto seguido visualizamos "o conto dos sentimentos" protagonizado polos alumnos de primaria que podedes ver no seguinte enlace.


Para finalizar a xornada cantamos e bailamos a canción "Alegría" de María Fumaça


No seguinte enlace podedes ver o transcurso na xornada.





PAZ, PEACE, PAIX, FRIEDE, VREDE......

Un ano máis, nun día como o de hoxe, son moitas as mensaxes e desexos por un mundo mellor, onde a paz sexa a protagonista do noso conto.
Dende A Biblioteca do Rato tamén quixemos rendir homenaxe á protagonista no día de hoxe e fixémolo a través de poemas, caligramas e acrósticos.


Dende A Biblioteca do Rato  desexámosvos un moi bo día e despedímonos cunha frase dun gran home .

  

lunes, 19 de enero de 2015

LIBROS DE CIENCIAS DA BIBLIOTECA DO RATO

Ampliamos a exposición de libros de ciencias e poñemos a vosa disposición: libros de experimentos, enciclopedias de animais e libros doutras curiosidades diversas.
Nestes días botará a andar a segunda rolda de viaxe das mochilas viaxeiras onde engadiremos algún que outro libriño de ciencias así como dvds de experimentos e xogos científicos.
Esperamos que vos gusten e vos convirtades en pequenos científicos con ganas de aprender e investigar todo aquilo que sexa posible.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow created with Smilebox