miércoles, 23 de diciembre de 2020

RECOMENDACIÓNS PARA O NADAL!

Aquí tedes unhas cantas lecturas que vos recomenda o noso ratiño para este Nadal.

FELICES FESTAS E BOAS LECTURAS!

Premede na imaxe se queredes descubrilas...






lunes, 7 de diciembre de 2020

LECTURAS DE NADAL

Estamos a piques de chegar a esta época tan familiar que tanto nos gusta, e por iso xa tendes a vosa disposición unha selección de lecturas de Nadal.  O noso Ratiño invítavos a que o mércores vos pasedes pola exposición e disfrutedes moito destes libros tan fermosos.




NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Como cada ano, o 25 de novembro conmemórase o Día Internacional  contra a Violencia de Xénero. 



Nós tamén quixemos dicir NON e para iso, o pasado mércores 25, levamos a cabo unha serie de actividades. Comezamos coa visita de dúas compañeiras da Cruz Vermella, que nos deron unha pequena charla sobre este tema e posterior reflexión. A continuación cada alumn@ deseñou unha camiseta con palabras ou frases contra a violencia de xénero. Por último mostramos as camisetas nun mural para concienciarnos da importancia deste día. 

Aquí vos deixamos unha mostra do traballo realizado.



lunes, 23 de noviembre de 2020

MONSTROS DE SAMAÍN

Este ano a Biblioteca do Rato propuxo  crear monstros de Samaín. 

Os nenos e nenas crearon o seu propio monstro empregando distintos materiais. Tamén describiron como son e os poderes que teñen.

Todos os traballos quedaron recollidos nun caderno que podedes atopar na Biblioteca.

Mirade que medo dan!!!

Pincha na foto para ver o resultado.





DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

O 20 de novembro é un día moi importante xa que se celebra o Día Universal d@ Nen@ e se conmemoran os aniversarios da adopción da Declaración Universal dos Dereitos d@ Nen@(1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos d@ Nen@(1989).

Aquí vos deixamos un pequeno conto sobre os Dereitos dos nenos e das nenas e un mural feito polos alumnos/as de EI para celebrar este gran día. 






domingo, 22 de noviembre de 2020

MAGOSTO 2020

O pasado venres 13 de novembro celebramos unha das festas que máis nos gustan: O MAGOSTO! 

Gozamos dun marabilloso día de sol que nos permitiu facer unha fogueira para asar os chourizos e as castañas e comer no patio do cole. Tamén degustamos un riquísimo chocolate e bica.

Tampouco faltaron os xogos tradicionais cos carozos de millo e como manda a tradición, pintámonos coa cinsa.
Mirade que ben o pasamos!



lunes, 9 de noviembre de 2020

SAMAÍN!


Xa está aquí o Samaín!

O venres día 30 de outubro, celebramos a nosa festa por excelencia. Este ano non puidemos disfrutar do noso túnel do terror pero pasamos unha xornada do máis arrepiante. 

Chegamos pola mañá disfrazados/as e maquillados/as para meter moito medo. A continuación disfrutamos dunha peli de terror e de actividades moi divertidas de Samaín. Á hora de comer, puidemos degustar un delicioso menú elaborado pola nosa cociñeira Alicia en colaboración de espíritus malignos e de agasallo unha bolsiña de chuches monstruosas. 👻👾

Que rico estaba todo e que ben o pasamos!!




martes, 3 de noviembre de 2020

XA CHEGA, XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN

 A nosa festa favorita está a piques de chegar, e así de decorado está a noso cole!!


E mirade que cabazas máis terroríficas!







DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como ben sabedes, o 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. A edición deste ano, baixo o lema "Bibliotecas, sempre ao teu carón", céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en caquera lugar e circunstancia. 



Para celebralo, no noso centro escollemos o 26 de outubro para a reapertura da nosa Biblioteca. Aprendimos o porqué deste día, as novas normas de uso así como de préstamos e devolucións de libros e se nos fixo entrega dun agasallo moi chulo: un marcapáxinas da nosa biblio!!





Así que escollede un libro e a disfrutar!!

lunes, 19 de octubre de 2020

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO RATO

Benvidos/as un ano máis á nosa BIBLIO!!!Despois de moitos meses xa estamos aquí de novo. Coma todos os inicios de curso, dámoslle unha especial benvida a todos os alumnos/as, pais, nais e mestres que se incorporan á nosa comunidade educativa e unha forte aperta a todos/as que xa formades parte dela dende fai anos. 

Este ano, como xa sabedes, temos que cambiar un pouquiño as normas de uso da biblio pero iso non nos vai impedir disfrutar moito dela. Tamén traballaremos o proxecto TODOS NA REDE: O SUPERPODER DE DESCUBRIR, e festexaremos as festas máis conmemorativas e gozaremos de moitas aventuras xuntos.  

ESTADES PREPARADOS?


 

domingo, 3 de mayo de 2020

Coplas e Maios 2020

Hoxe celébranse os Maios por toda Galicia. Aínda que este ano non podemos xuntarnos, os maiores do cole quixeron participar creando:
- Maios: construcións feitas con vexetais propios da estación da primavera.
- Coplas: pequenos poemas satíricos, divertidos, pedichóns.
- Coplas cantadas e acompañamento musical.

PINCHADE NO ENLACE PARA VER AS SÚAS CREACIÓNS E VÍDEOS.

martes, 24 de marzo de 2020

A MOVERSE!!

Bos días de martes nenos e nenas!
Hoxe propóñovos mover o esqueleto e facer algo de deporte, non todo van a ser deberes, tele e ordenador.
A que esperades, a poñer o chándal e as zapatillas e a moverse!!
Nos seguintes enlaces tendes acceso a xogos e bailes para pasalo ben e exercitar o corpo e ao mesmo tempo a mente.

Educación Física Infantil e Primaria:
https://www.youtube.com/watch?v=Gn7k_xNXYBc
https://www.youtube.com/watch?v=x_T-IZU1CQg

Entrenamento funcional para nenos/as:
https://www.youtube.com/watch?v=TStEzVUqtUU

Ioga para nenos/as:
https://www.youtube.com/watch?v=nNbRQX8yJWs

Xogos de dados e actividade física para facer na casa:
https://www.elvalordelaeducacionfisica.com/juegos-con-dados-educacion-fisica/

Zumba para principiantes:
https://www.youtube.com/watch?v=EMcVc8oMvGA

Zumba Coronavirus:
https://www.youtube.com/watch?v=AYvRwsLU2uI

lunes, 23 de marzo de 2020

BOAS TARDES, FAMILIAS!


Que tal o levades? Para que non vos aburrades durante estes días, vou poñer algunhas suxerencias de actividades ou xogos que poderedes facer na casa cos vosos fillos e fillas. Trátase de tarefas que poden servir de repaso de materia traballada durante este curso ou actividades para axudar a resolver dificultades máis específicas, así como recomendacións de páxinas web ou calquera outro material interactivo que poida servir de axuda. En ningún caso estas tarefas serán obrigatorias nin avaliables.

RECOMENDACIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL

Si para os nenos e nenas, en xeral, xa é unha situación complicada a que estamos vivindo, especialmente para os rapaces e rapazas máis pequenos. Nesta etapa o máis recomendable é aproveitar o tempo coas familias para falar, xogar, ler contos, etc. A continuación deixareivos algunhas pautas para seguir cos vosos fillos e fillas nestes días, especialmente para os que teñen dificultades na linguaxe oral.



Ademais destas pautas, déixovos enlaces con varias ideas para estimular a linguaxe na casa:



EDUCACIÓN PRIMARIA

ATENCIÓN E MEMORIA

https://www.symbaloo.com/mix/atencionymemoria

Ademais podemos xogar ó domino, ó bingo, facer crebacabezas, labirintos, colorear mandalas, etc.

ADQUISICIÓN DA LECTOESCRITURA

https://sites.google.com/site/elprimerciclodeprimaria/enlaces-lectoescritura-juegos

App: Leo con Grin

Ademais podemos facer sopas de letras, encrucillados, o xogo do aforcado, etc.

RAZOAMENTO E COMPRENSIÓN LECTORA

https://www.symbaloo.com/mix/juegoslogicayrazonamie

https://juegoseducativosonlinegratis.blogspot.com/2013/02/razonamiento-logico.html

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/compresion-lectora

Ademais podemos facer sudokus, xeroglíficos, cálculo mental, adiviñas, ler contos (e facerlles preguntas sobre o que leron), etc.

DIFICULTADES NA LECTOESCRITURA

http://www.genmagic.org/repositorio/index.php?cat=4

· Buscar unha determinada letra nun texto e contabilizar as veces que aparece.

· Quitar sílabas ás palabras e pescudar que palabra resulta (Exemplo: si a pelota quitámoslle ta, que palabra queda? Pelo)

· Contar as sílabas e as letras das palabras.

· Amosarlle ó neno/a sílabas separadas e pedirlle que as una formando palabras.

· Formar palabras a partir dunha sílaba dada.

· Xogar ás palabras encadeadas ou ó aforcado.

· Facer sopas de letras ou encrucillados.

MATEMÁTICAS
http://aprendiendomates.com/

https://www.cokitos.com/problemas-matematicos/

XOGOS EDUCATIVOS VARIADOS

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos

http://www.cristic.com/juegos-educativos/

https://arbolabc.com/

http://www.pipoclub.com/juegos-para-ninos-gratis/index.html

NON SE DIVIRTE, QUEN NON QUERE

É tempo de fomentar a creatividade así que velaí vai a miña proposta :

Seguramente todos tendes tapóns de plástico dabondo na casa, deses que debemos reciclar e donar para causas necesarias.
Propóñovos que escribades letras ou números cun rotulador permanente para despois elaborar palabras e frases no caso das letras e operacións matemáticas no caso dos números.

Neste caso eu elaborei unha frase que me encanta e que non nos pode vir mellor, nestes días: "A CREATIVIDADE É A INTELIXENCIA DIVERTÍNDONOS".

Podemos facer deste aprendizaxe un xogo e practicar a motricidade fina xogando a pescar as letras cunha pinza do xeo e mesmo con dous pauciños ao estilo chinés.
Quen se atreve a practicalo??
Espero as vosas fotiños






ENLACES INTERESANTES

Bos días de luns e a por unha semana máis campións e campioas!
Vouvos a deixar unha lista de enlaces con actividades varias para que lle botedes unha ollada e argalledes naquilo que vos pareza máis interesante:

- Blogue dun profe de educación musical de primaria con actividades interactivas por nivel, relacionadas coa linguaxe musical, composición, instrumentos..... : https://torremusiquilla.blogspot.com/

- Contiño elaborado dende un colexio de psicoloxía en Madrid sobre o virus , especialmente indicado para os máis pequenos/as da casa no que ao final aparecen indicacións xerais para nais, pais sobre a xestións desta situación: https://www.copmadrid.org/web/publicaciones/rosa-contra-el-virus-cuento-para-explicar-a-los-ninos-y-ninas-el-coronavirus-y-otros-posibles-virus

- Iniciativa #desdemiventana, na que pais e nais comparten as súas ideas para que nenos/as fagan manualidades con mensaxes de ánimos, solidariedade e colgar nas nosas ventás: https://www.telecinco.es/informativos/sociedad/desdemiventana-manualidades-ninos-estado-alarma_18_2915070045.html

- Museos para visitar online: https://computerhoy.com/noticias/life/mejores-museos-puedes-visitar-online-salir-casa-gratis-604953

- Actividades gratuítas online: https://www.rtve.es/noticias/20200318/comic-coronavirus-elige-tu-propia-aventura-para-entretener-ninos-online/2010277.shtml

- Web dun colexio con actividades para facer online: www.ceiploreto.es

-Anaya, a editorial dos nosos libros de texto, tamén pon a vosa disposición unha chea de actividades en liña para todos vós: https://www.anayaeducacion.es/

- Web para traballar contidos en inglés: https://elt.oup.com/feature/global/learnathome/?utm_source=homepage&utm_medium=slider&utm_campaign=learnfromhome

- Web con manualidades en inglés: https://www.dltk-kids.com/


sábado, 21 de marzo de 2020

COMA NA CASA EN NINGURES

Ola rapaces e rapazas.

Como van estes días na casiña?

Para que vos sigades entretendo moito e aprendendo máis, tráiovos dúas iniciativas moi boas as que vos podedes unir:

- RTVE emite EDUCLAN, na súa coñecida canle CLAN clases interactivas para todos vós e a través da páxina https://www.rtve.es/educlan/ podedes acceder a unha serie de ferramentas educativas .

- Aulas Galegas http://aulasgalegas.org/ é un portal educativo creado por mestres e mestras galegos cunha chea de recursos .

A seguir así campións e campioas !! Estádelo a facer xenial!!
Un aperta moi forte e a seguir na casiña.


lunes, 9 de marzo de 2020

8 DE MARZO, DIA DA MULLER

Onte foi 8 de marzo, día da muller e hoxe tivemos a sorte de contar cun equipo de profesionais da cruz vermella de Celanova que nos falaron da andanza e logros de grandes mulleres que axudaron a que as mulleres de hoxe en día teñamos os mesmos dereitos e oportunidades que calquera outra persoa, pero aínda queda moito por andar e por facer, así que, fagamos que todos os días sexan 8 de marzo e que o empoderamento e a igualdade sexa un dereito e unha realidade.









jueves, 5 de marzo de 2020

ROSALÍA DE CASTRO

O pasado 24 de febreiro cumpríronse 183 anos do nacemento de Rosalía de Castro e para lembrarnos das súas andanzas e logros traballamos os seus poemas sobre emigración e igualdade.
Como é costume, fixemos un libriño para a biblio que recolle algúns dos seus poemas.
Aquí podedes velo.

ERRANTES POLO MUNDO

viernes, 28 de febrero de 2020

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS

No día de onte os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º gozaron dunha entretida e interesante xornada de primeiros auxilios que impartiron un equipo de profesionais do CHUO. Nesta importantísima lección teórico-práctica aprendemos como actuar prestando os primeiros auxilios e a quen acudir en caso de emerxencia. Tamén practicamos como curar feridas e pequenas lesións cotiás e moitos outros conselliños moi axeitados en caso de "Pupas, sustos e outros desgustos"
Así de ben o pasamos aprendendo e poñendo en práctica o aprendido!
















viernes, 21 de febrero de 2020

FESTA ENTROIDO

Nesta semana de Entroido a cousa foi de cavernícolas e todos e todas convertémonos en primitivos e regresamos á época Prehistórica. Para a ocasión deseñamos uns orixinais traxes con peles, despeiteamos os cabelos decorados con ósos, pintamos a cara para a ocasión e por suposto acompañamos o atuendo con ferramentas ruprestres do máis enxebres.

O venres rematamos a semana de festa disfrazándonos dos nosos personaxes favoritos: superheroes, magos, princesas, indios e vaqueiros, bailarinas, fadas e outros moitos.  Un ano máis, xogamos aos tradicionais xogos de Entroido en Ramirás; as olas e as piñatas. Así de ben o pasamos!!