jueves, 17 de marzo de 2016

OS BOMBEIROS NA BIBLIOTECA DO RATO


Hoxe xoves, visitáronnos os bombeiros da Mancomunidade de Celanova e déronnos unha pequena charla informativa sobre os pasos a seguir en caso de incendio e consellos para evitar accidentes domésticos. Posteriormente procedemos cun simulacro e esperamos no patio a súa chegada. Mostráronnos os camións cos distintos aparellos e ferramentas de actuación e  expuxéronnos unhas prácticas de actuación e uso do extintor. Aquí vos deixo as fotos da interesante charla e mellor práctica.


PROXECTO DE RECICLAXE

Os alumnos de 4º, 5º e 6º elaboraron materiais de xogos deportivos como: cariocas, indiakas e pelotas de malabares usando materiais diversos, moitos deles reciclables.
No seguinte vídeo podedes ver o proceso de elaboración e práctica do xogo.


miércoles, 16 de marzo de 2016

XORNADAS DE CONTANCONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

Como en anos anteriores, durante o mes de abril, aproveitamos as distintas festividades deste mes para abrir as portas da nosa biblio a todos aqueles voluntarios que queiran participar nestas xornadas de contacontos e exposicións artísticas.

Animádevos a facernos disfrutar contándonos contiños ou expoñendo os vosos coñecementos de arte mostrándonos as correntes artísticas de pintores a través dos seus cadros ou expoñendo algunha manualidade e mostrándonos os materiais e os pasos a seguir.

Para saber máis pincha sobre o cartel informativo ou contacta con nós.

Se che paetece explicar algunha outra novidade interesante fainolo saber.

OS INTERESADOS CONTACTADE COA BIBLIOTECA!!


martes, 15 de marzo de 2016

VOLTAMOS AO PLATÓ DE TELEMIÑO

Unha vez máis gravamos para o programa de Telemiño XORNAL ESCOLAR.
Desta volta, foi Jose, o noso mestre de Ed. Física, o entrevistado polo alumnos que a pesar dos nervios fixérono xenial diante das cámaras e penso que vos vai gustar moito e ides a pasar un momento moi agradable. 
O programa emítese o sábado 9 de abril pola mañá pero podédelo ver na rede entrando na páxina de telemiño seleccionando a pestaña, tv á carta. En canto o suban á rede faréivolo saber por aquí e deixareivos un enlace para que vos sexa máis doado.

Déixovos unhas fotos do   "makinf of"  para que vexades o ben que o pasamos.






lunes, 14 de marzo de 2016

JOAN MIRÓ

Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria estiveron a traballar con Joan Miró.
Estes son os cadros que eles mesmos fixeron seguindo o estilo de Miró e que xa están decorando un dos corredores do colexio.

viernes, 4 de marzo de 2016

O NOSO PROXECTO NO XORNAL

O pasado mércores un artigo que resume o noso proxecto de arte: "A pintura como linguaxe da luz e das cores" saiu no xornal.