lunes, 18 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL 2017

Como cada ano nestas datas preparamos con moita ilusión e cariño obras de teatro, panxoliñas e bailes que representaremos o vindeiro mércores 20 de decembro ás 15:00 no Festival de Nadal 2017.
Non vo lo podedes perder!! Estades todos convidados!
Aquí vos deixo o programa para que lle botedes unha ollada.



viernes, 15 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Dende a Biblioteca do Rato recomendámosvos as seguintes novidades lectoras para este Nadal. Así que non esquezades incluír un libriño na carta a Papa Noel e aos Reis Magos.



jueves, 14 de diciembre de 2017

RECUNCHOS DE NADAL

O noso cole xa está vestido para o Nadal, co seu correspondente belén e máis decorados así como a fermosa árbore que xa decora a entrada coas postais e felicitacións de Nadal.
















miércoles, 6 de diciembre de 2017

I EXPOSICIÓN A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN

Na xornada de onte tocou expoñer o traballo deste primeiro trimestre que consistoiu na recollida de información e estudo dos países seleccionados que quedou plasmado en murais que adornan os corredores da primeira planta do cole.
Os alumnos fixéronnos un percorrido por España, México e Italia facendo parada nos monumentos máis importantes, na súa comida típica, traxe e música característicos, personaxes máis relevantes así como a mascota do seu mundial de fútbol e  a canción.
Así resultou a exposcición e así de vistosos quedaron os murais.

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 1 de diciembre de 2017

PAÍSES PRIMEIRO TRIMESTRE

Como xa sabedes, este ano no proxecto da biblio embarcámonos nunha aventura na que estamos dando á volta ao mundo nun balón e estudando os países nos que se celebrou o mundial de fútbol dende o ano 1982.
Neste trimestre os alumnos  recompilaron información, estudaron e fixeron un mural coa información do país correspondente. Os alumnos de 1º e 2º traballaron co país de  México, os alumnos de 3º e 4º co país de España e os de 5º e 6º con Italia.
Toda a información dos países queda recollida nun libro que leva por título: " Caderno de países A volta ao Mundo nun balón da Biblioteca do Rato" que podedes ver a continuación.








LECTURAS DE NADAL

Coa chegada do mes de decembro e das baixas temperaturas, non hai mellor plan que buscar un recuncho quentiño e gozar dun bo libro con aventuras de Nadal.
Xa tendes unha selección de aventuras de Nadal na zona de exposicións!!