viernes, 30 de junio de 2017

MENS SANA IN CORPORE SANO

Como o propio título indica, queremos conseguir que a nosa cabeza sexa FELIZ. Para iso, e xa dende fai anos, no cole de Ramirás estamos a facer todo o posible para acadalo.
Como o facemos? Pois é moi doado: hai que darlle ao corpo unha dose diaria de descanso, unha dieta saudable e un chisco ou un moito de deporte, sempre ao gusto de cada un/unha!!!

Xa o sabes, PRACTICA DEPORTEEEEEEE!!!!

BOAS VACACIÓNS!!!
 SE QUERES VER ALGUNHA FOTO MÁIS PREME NA IMAXE

jueves, 22 de junio de 2017

LECTURAS FRESCAS DA BIBLIOTECA DO RATO

Dende a Biblioteca do Rato despedimos este curso escolar que estivo cheo de bos e marabillosos momentos marcados por unha chea de celebracións, actividades, traballos, convivencias e moitas e boas lecturas.
Para este verán que chegou cunhas altísimas temperaturas propoñémosvos surmerxirvos no refrescante mundo das aventuras que podemos experiementar se viaxamos a través dun libro.
Estes son os nosos consellos e recomendacións lectoras para este verán!!

Dende A BIBLIOTECA DO RATO desexámosvos unhas felices Vacacións!!



A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN

Rematamos un novo curso e poñemos fin ao proxecto artístico co que traballamos os dous anos anteriores. Os nosos pequenos estudaron a unha selección de pintores, aprenderon as súas técnicas e puxéronas en práctica nos cadros que eles mesmo elaboraron e están expostos na Galería de Arte Rogelio García Yáñez, a que todos estades convidados.
Deste xeito despedímonos deste proxecto para poñer inicio a un novo traballo. Para o vindeiro curso 2017- 2018 poñemos en marcha unha nova aventura que leva por título: "A volta ao mundo nun balón",que estará relacionado coa celebración do próximo Mundial de fútbol que terá lugar en Rusia no 2018.


miércoles, 21 de junio de 2017

REVISTA ESCOLAR

Remata un novo curso e como cada ano a revista escolar recolle todas aquelas actividades, traballos, celebracións, saídas, visitas  e conviencias que tiveron lugar ao longo de todo o curso.
Espero que vos guste!!


QUESSADA

Rematamos o curso e velaí van os cadros do último pintor que estudamos, Xaime Quessada.

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow