jueves, 22 de junio de 2017

A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN

Rematamos un novo curso e poñemos fin ao proxecto artístico co que traballamos os dous anos anteriores. Os nosos pequenos estudaron a unha selección de pintores, aprenderon as súas técnicas e puxéronas en práctica nos cadros que eles mesmo elaboraron e están expostos na Galería de Arte Rogelio García Yáñez, a que todos estades convidados.
Deste xeito despedímonos deste proxecto para poñer inicio a un novo traballo. Para o vindeiro curso 2017- 2018 poñemos en marcha unha nova aventura que leva por título: "A volta ao mundo nun balón",que estará relacionado coa celebración do próximo Mundial de fútbol que terá lugar en Rusia no 2018.


No hay comentarios: