sábado, 27 de mayo de 2017

CADROS DE LAXEIRO

Os nosos cadros de Laxeiro xa están expostos na Galería de Arte Rogelio García Yáñez.
Así os fixemos e así de bonitos nos quedaron.


A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 24 de mayo de 2017

XAIME QUESSADA

Comezamos cun novo pintor. Desta volta tócalle ao noso veciño ourensán Xaime Quessada.
Na nosa biblio xa está decorada co mural dos seus cadros máis representativos.









Aquí tendes a biografía para que lle botedes unha ollada e un vídeo dos seus cadros:










jueves, 18 de mayo de 2017

CARLOS CASARES

Na semana das Letras Galegas fixemos homenaxe a Carlos Casares, escritor ourensán pero tamén editor, catedrático de instituto, colaborador de revistas e xornais, membro da Real Academia Galega e mesmo político e impulsor da Lei de Normalización Lingüística.


Este polifacético autor escribiu unha manchea de libros, moitos deles de literatura infantil e xuvenil que nos trasladan á infancia, xa que, quen non leu algúns destes títulos, na súa vida de estudante? :  "As Laranxas, máis laranxas de todas as laranxas", " A Galiña azul", " Toribio",  "Lolo anda en bicicleta", " O can Rin e o lobo Crispín", " Un polbo xigante", " O galo de Antioquía". Tamén publicou novelas do máis existosas, desas que non es quen de parar de ler como o seu derradeiro libro" O sol do verán", " Os escuros soños de Clío" ou " Vento ferido" entre outros

Deste xeito, tal como a ocasión o requería, traballamos dende as distintas aulas en diferentes actividades. Repasamos a súa andanza, rebulimos nos seus libros e fixemos exercicios on- line nos ordenadores e na pizarra dixital.

Aquí podedes ver como traballamos e todo o que aprendemos de Carlos Casares.


A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow




Os alumnos de 5º e 6º participarán  mañá , no Certame de Teatro de Bande presentando a obra de teatro "Vivamos e comamos coma galegos", para poñer fin a Semana das nosas letras:  " AS LETRAS GALEGAS"





miércoles, 3 de mayo de 2017

II XORNADAS DE CONTACONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

O pasado venres e hoxe mércores disfrutamos da segunda e terceira sesión das II Xornadas de Contacontos e Exposcións Artísticas. Nesta ocasión os alumnos voluntarios expuxeron técnicas artísticas e contaron  contos con Titeres:

Ainhoa e Valeria contáronos o conto de "Paco Papán"
Analía mostrounos a técnica de "pintar soprando".
Dania explicounos como "pintar con xabón".
José e a súa irmá Laura fixeron "un volcán multicolor"
Sara, César e Alba contáronos o conto "Un sueño de Velázquez" interpretado con marionetas.
Mara  puxo en práctica unha técnica que consiste en pintar con acuarelas e sal e mostrounos un precioso cadro decorado coa técnica do "zentangle"
Finalmente Analía e Dania pecharon a sesión de hoxe contándonos un gracioso conto titulado "Manu".

Unha vez máis, fixemos unha sesión do máis amena, onde aprendemos moitas cousas e os ARTISTAS máis valentes atrevéronse a facer da ARTE unha forma de expresión e aprendizaxe.

Noraboa rapaces. Moitas grazas a todos os voluntarios/as polo esforzo e a participación.

Velaquí vos quedan as fotos das dúas sesións.