miércoles, 18 de diciembre de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE NADAL

Dende a Biblioteca do Rato desexámosvos Felices Festas e Próspero Aninovo. Disfrutade moito destas festas tan especiais e non vos esquezades de vivir novas aventuras lendo libros. Xa sabedes que as vacacións son moi longas e que mellor que disfrutar delas lendo un libro. Aquí tendes algunhas recomendacións.


FESTIVAL NADAL 2013

Mañá celebraremos o Festival de Nadal no colexio. Será á partir das tres da tarde. Estades todos invitados. Esperámosvos! Aquí vos deixo o guión das nosas actuacións xunto coas postais gañadoras deste ano.






martes, 17 de diciembre de 2013

LINGUA DE REIS

Hoxe recibimos na Biblio as súas Maxestades Os Reis Magos. Dende primeira hora da mañá estivemos moi nervios@s esperando a súa chegada e foi despois de xantar cando fixeron a entrada triunfal no colexio. Chegaron dende Oriente despois dunha longa viaxe para recoller as nosas cartas e as nosas peticións. 
Pasamos un día moi emocionante e dende aquí agradecemos a súa visita, xa que sabemos que nestas datas teñen as axendas moi apretadas.
No seguinte enlace podedes ver as nosas caras de ilusión e felicidade.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow personalized with Smilebox

viernes, 13 de diciembre de 2013

A BIBLIOTECA DO RATO DESÉXAVOS BO NADAL


 A biblioteca do Rato celebra un novo Nadal e para iso, como cada ano, decoramos o colexio con motivos navideños como unha árbore chea de estrelas coas nosas caras, o nacemento e outra árbore na que colgamos as postais coas que vos desexámos un Nadal cheíño de ilusións e bos desexos.
Podedes ver todas as postais no seguinte enlace:

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design created with Smilebox



jueves, 21 de noviembre de 2013

LIBROS DE NADAL




Xa tendes á vosa disposición unha selección de libros de Nadal para combatir as baixas temperaturas e vivir novas aventuras ao carón das chemineas. Podedes sumerxirvos en contos de Reis, vivir aventuras con Papá Noel e coñecer moitas máis cousas sobre o Nadal. Animádevos!!
No seguinte enlace podedes ver os libros.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow personalized with Smilebox


miércoles, 30 de octubre de 2013

A FESTA DE SAMAÍN

Como cada ano no colexio e en especial dende A Biblioteca do Rato festexamos o Samaín. O luns comezamos a decorar a entrada do colexio con cabazas, traballamos na elaboración dun conxuro e documentámonos sobre a orixe desta festa e a súa tradición.
O mércores foi un día moi especial. Empezamos o día co visionado dunha película seguido do recitado dos conxuros e a elaboración dunha apócema e finalmente  gozamos dun arrepiante túnel do terror que cada ano nos gusta máis.
 No seguinte enlace podedes ver que o pasamos de medo!!
 http://www.youtube.com/watch?v=BjIHlbqZdJk&feature=youtu.be

No seguinte enlace podedes botarlle un ollo ós nosos conxuros:

viernes, 25 de octubre de 2013

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COA VISITA DE MIGUEL ANGEL ALONSO

Hoxe venres festexamos o día das Bibliotecas Escolares coa visita de Miguel Ángel Alonso. En primeiro lugar Miguel recitounos os poemas do "Cullarapo Croque", algúns deles ao compás da música. Despois plasmamos con debuxos os seus libros "O Cullarapo Croque" e " A nena á que non deixaban ser feliz".
Finalmente rematamos a xornada cunha lectura seguido dun comentario en grupo do libro "A nena á que non deixaban ser feliz" e finalizamos cunha rolda de preguntas.
Pasamos unha divertida xornada de Biblioteca na que unha vez máis deixamos voar a imaxinación e vivimos novas aventuras grazas ós libros.
Moitas grazas Miguel por festexar con nós un día coma este facéndonos, coma á nena, moi felices.

No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow made with Smilebox


Estes son os nosos debuxos do Cullarapo Croque e A Nena.
http://www.youtube.com/watch?v=nzAbQgPCW7c&feature=youtu.be


jueves, 24 de octubre de 2013

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de Outubro animámosvos máis que nunca a pasar pola Biblio e pasar un rato agradable viaxando e compartindo aventuras a través dos mellores amigos do noso Rato; os libros.
Pasade unha boa xornada e lembrade que mañá festexaremos este día coa visita de Miguel Ángel Alonso, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz" e " O Cullarapo Croque".


miércoles, 16 de octubre de 2013

UN SAMAÍN DE CONXUROS



 Durante este mes no colexio e na Biblioteca do Rato non se fala doutra cousa mais que de bruxas, vampiros, morcegos, momias e demais seres mounstruosos. E que no colexio xa se respira o ambiente típico do Samaín. Andamos decorando a entrada e as clases para irnos metendo en ambiente, pero faltan as cabazas!. E un Samaín sen cabazas, non é un Samaín!. Así que, ide buscando unha cabaza e mans á obra. Xa sabedes que podedes utilizar todo o que precisedes: perrucas, teas vellas, dentaduras postizas, elementos da natureza así como toda clase de materiais reciclables. Este ano cada cabaza dos nenos de infantil e primeiro debe vir acompañada dun debuxo sobre o Samaín, mentres que o resto do alumnado deberá elaborar un conxuro para espantar meigas e malos espíritos ou para facer maxia. Xa sabedes, empezade a buscar unha boa cabaza e poñede as cabeciñas a pensar para elaborar un arrepiante conxuro.



Finalmente recordarvos que o mércores día 30 celebraremos o Samaín e para pasalo de medo debes ir pensando no teu disfraz e maquillaxe.

RECURSOS PARA TRABALLAR NO SAMAÍN





 
Como sabemos que vos encanta esta festa, aquí vos deixamos uns enlaces para que podades cantar cancións e investigar sobre o Samaín, a súa orixe e demais costumes
http://www.youtube.com/watch?v=Z2QAk4sGzuM
http://www.youtube.com/watch?v=Oq4Nn_sG3ek
https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/

martes, 1 de octubre de 2013

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

A Biblioteca do Rato convídavos a ler lecturas de medo durante este mes de Outubro. Tendes unha exposición no cole dunha selección das mellores lecturas basadas en aventuras de vampiros, bruxas en casas encantadas, zombis, ogros, difuntos e demais seres trepidantes. Ánimo e a pasalo de medo!

miércoles, 18 de septiembre de 2013

BENVIDOS UN ANO MÁIS Á BIBLIOTECA DO RATO


Ola! Un ano máis dámoslle a benvida aos novos alumunos e aos que sumades un ano máis no cole.  Vos convidamos a todos a visitar a biblio a miúdo. Os veteranos, xa sabedes que a nosa biblio conta cun compañeiro moi especial , o Rato, que fai uns días me contou que lle encanta que os nenos o vaian  visitar e que lean ós seus mellores amigos, os libros.  Animádevos a ler todo o que poidades!. Xa sabedes que ó final de curso aqueles que leades máis seredes recompensados.
Tamén vos anuncio que este ano traballaremos xuntos de novo no proxecto chamado: "Coñezo o meu concello e o entorno no que vivo II", xa que o ano pasado aprendemos e descrubimos que o noso concello ten moitísimas cousas que non sabiamos e que este ano traballaremos máis en profundidade.
Lembrade visitar o blog a miúdo, xa que todos os vosos traballos e novidades serán publicados por aquí.

viernes, 28 de junio de 2013

BOAS VACACIÓNS DE VERÁN

Dende a Biblioteca do Rato despedímonos ata o vindeiro curso. Este ano traballamos moito nun proxecto moi interesante e fixemos moitos traballos que nos axudaron a coñecer mellor o noso concello e o lugar onde vivimos o día a día. O vindeiro curso traballaremos sobre algo similar, pero mentres tanto durante as vacacións non deixedes de vivir aventuras novas deixando voar a imaxinación a través dos mellores amigos do noso Rato, os libros.


REVISTA ESCOLAR DO CURSO 2012-2013

Despois de moito traballo aquí tendes o xornal escolar deste ano. Recolle todos os momentos e experiencias que vivimos durante todo o curso así como os traballos realizados, saídas, exursións e proxectos presentados a concursos. Botádelle unha ollada.

jueves, 6 de junio de 2013

RAMIRÁS UN LUGAR CON ENCANTO

O último traballo que fixemos dende a Biblioteca do Rato foi a elaboración dun vídeo con información do noso concello e coa entrevista  a alcaldesa Dona Pilar.
Aquí remata a nosa experiencia no proxecto "Coñezo o concello e o entorno no que vivo". Aprendemos moitísimas cousas sobre o noso concello e o noso entorno, pero a cousa non queda ahí, porque para o ano seguiremos inmersos nun proxecto similar. Xa vos contaremos as novas dende aquí.
Pinchade no enlace para botarlle unha ollada
http://www.youtube.com/watch?v=BjK8TKXD1Sg

miércoles, 22 de mayo de 2013

RAMIRÁS; UN LUGAR CON ENCANTO

Como ben sabedes, andamos traballabdo a reo para coñecer a fondo o noso concello e o entorno e desta volta tocou facer un libriño con fotos e información do concello e as súas parroquias. 
Como un imaxe vale máis que mil palabras; a botarlle unha ollada!

miércoles, 15 de mayo de 2013

FACEMOS TEATRO

O alumnado de primaria vai celebrar a semana das letras , entre outras actividades, asistindo aos encontros de teatro escolar e amateur que se celebran en Bande. Os de terceiro ciclo poñerán en escea a obra "A Moa" e o resto acompáñanos para ver esa e as outras representacións dese día. Pensamos que a Vidal Bolaño lle gustaría esta maneira de festexar as Letras Galegas e de recordalo a el mesmo.



lunes, 13 de mayo de 2013

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ADICADAS A ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Esta semana traballaremos a Semana das Letras Galegas adicadas ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.
Para facer unha recorrido sobre a súa vida consultaremos a súa biografía e realizaremos actividades en liña na seguinte páxina: http://www.seminariogalan.org/

Tamén podedes botarlle un ollo a estes vídeos feitos por alumnos do Ceip dos Dices

http://www.youtube.com/watch?v=8l64_-xn0aA
http://www.youtube.com/watch?v=9Tct4ehcSas


jueves, 9 de mayo de 2013

ANXO MOURE VISITA A BIBLIOTECA DO RATO


Onte recibimos na Biblioteca do Rato a visita do contocacontos Anxo Moure. Contounos moitos contiños de árbores, paz, música...Tamén aprendemos a cociñar contos para papalos e disfrutar deles.
Pasámolo xenial, aprendemos moitas cousiñas e deixounos na nosa biblio o son das árbores,  a maxia dos libros e unha frase que nunca esqueceremos "Os contos son os ximnasios da imaxinación".

No seguinte enlace podedes ver a biblioteca de Anxo Moure sobre unha árbore e disfrutar dos seus marabillosos contos.

http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow customized with Smilebox


lunes, 29 de abril de 2013

VISITAMOS O CONCELLO E O CENTRO CULTURAL

Como ben sabedes, este ano estamos traballando duro para coñecer o concello e o entorno no que vivimos e desta tocou vistar a casa do concello e o centro cultural.
Deste xeito saímos de camiño cara o concello acompañados dun guía xa coñecido por nós, Celso, o profe de informática. Unha vez na casa do concello visitamos as súas dependencias como o xulgado de paz, as oficinas de emprego, da asistenta social, de correos, o arquivo, o despacho da alcaldesa Pilar e o salón de plenos. Celso falounos dos diferentes traballos e actividades que se levan a cabo no concello e dende as diferentes oficinas para que todo marche ben. Acto seguido, os nosos pequenos periodistas entrevistaron a Pilar, a alcaldesa, con preguntas que prepararon con anterioridade.
Finalmente, despois de saber como é un concello e en que consiste o traballo dun alcalde visitamos o centro cultural destinado ao lecer e o desenvolvemento de actividades de ocio. O centro consta dunha sala de ordenadores, unha biblioteca e un salón de actos aberto diariamente á poboación.
Rematamos a xornada co regreso ao colexio sabendo máis da organización e actividades que un concello leva a cabo.
Dende aquí agradecemos a Celso e a alcaldesa Dona Pilar pola súa axuda e colaboración que fixeron desta unha xornada moi agradable.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow customized with Smilebox

jueves, 25 de abril de 2013

miércoles, 24 de abril de 2013

FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA VISITA DE LOIS ANTÓN

Onte 23 de Abril festexamos o Día do Libro con alguén moi especial. O poeta de Ramirás Lois Antón visitou a Biblioteca do Rato. Falounos da súa escola da infancia, dos xoguetes que construía e demáis xogos que argallaba para pasar o tempo. Tamén nos falou dos seus comezos como poeta e de que tivo que emigrar a Alemaña e Holanda onde xurden moitos dos seus poemas. Despois algúns alumnos recitaron poemas de Lois Antón e rematamos a xornada con preguntas e entrega de agasallos. Lois fíxonos un agasallo moi especial; un precioso poema que non pode definir mellor o noso instrumento de traballo "os libros" e outro poema sobre o noso colexio. Nós tamén quixemos agradecer a súa presencia neste día e agasallámolo cun libro de autores e compañeiros seus da zona.
Dende aquí agradecemos a túa presencia na nosa biblioteca nun día tan especial.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow

lunes, 8 de abril de 2013

EXPOSICIÓN DE LIBROS E INFORMACIÓN DA COMARCA

Como ben sabedes todos os seguidores do noso blog, este ano estamos a traballar no proxecto titulado: "Coñezo o concello e o entorno no que vivo", deste xeito, aproveitando o mes de abril e a celebración do día do libro, dende a Biblioteca do Rato, decidimos facer unha exposición de libros con información do concello de Ramirás e da comarca de Celanova, así como, de escritores nacidos nestas terras como poden ser: Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Mendez Ferrín e Lois Antón que actualmente reside no noso concello, entre outros.

viernes, 22 de marzo de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA, A ÁRBORE E A AUGA

Hoxe venres conmemoramos no colexio o día da poesía, a árbore e a auga. A primeira hora uns axentes forestais déronnos unha charla sobre medio ambiente, silvicultura, extinción de incendios, solta de peixes no río e bos hábitos para o coidado da natureza. Despois procedemos a unha plantación de árbores no xardín do colexio e o recitado de poemas que elaboramos sobre a nosa aldea. Finalmente rematamos a xornada co visionado da película "El origen de los guardianes". Foi unha xornada divertida na que conmemorados e aprendemos cousas moi diversas e ao mesmo tempo moi interrelacionadas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own slideshow

POEMAS DA MIÑA ALDEA

Durante esta semana, aproveitando que onte xoves foi o día Internacional da Poesía, estivemos compoñendo poemas sobre a nosa aldea, xa que o proxecto no que estamos a traballando é "Coñezo o concello e o entorno no que vivo". A verdade é que estes alumnos son uns verdadeiros poetas. Botádelle un ollo e veredes. Felicidades polo vosos traballo rapaces!
POEMAS 1º GRUPO

POEMAS2º GRUPO

jueves, 21 de marzo de 2013

O MEU PAI, A MIÑA NAI ADÍCASE A....

Estamos a traballar no proxecto : "Coñezo o meu concello e o entorno no que vivo" e desta volta tocou entrevistar ós papás. Aquí vos deixo os traballiños que fixeron os alumnos do 1º grupo.

jueves, 14 de marzo de 2013

VISITA AO MOSTEIRO DE RAMIRÁS

Este curso estamos a traballar no proxecto "Coñezo o meu concello e o entorno no que vivo" e desta vez tocou visita ao Mosteiro de S. Pedro. Alí a historiadora Dna. Purificación Feijóo Román contounos a historia do mosteiro, así como algunha anécdota e/ou lenda relacionada con el. Aproveitamos tamén para visitar a residencia xeriátrica instalada no reconstruido mosteiro e pasar unha mañá de convivencia cos avós e avoas. Os nosos alumnos/as presentáronlles uns bailes e unha obra de teatro e logo tamén xogaron con eles ás cartas, bingo, dominó, etc. Agradecémoslle o ben que nos recibiron e os agasallos recibidos. Aquí tendes unhas imaxes das actividades:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own picture slideshow

Para máis información clica no seguinte enlace
http://www.terradecelanova.com/html/mosteiro_de_ramiras.htm

sábado, 9 de marzo de 2013

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Presentamos este magnífico traballo que nos chega desde o IES FREI MARTÍN SARMIENTO



E esta canción "One Woman" que se escribiu para ONU Mulleres, a organización internacional defensora das mulleres e nenas de todo o mundo.

martes, 5 de marzo de 2013

OS BOLECHAS NA BIBLIOTECA DO RATO

Invitámosvos a gozar dun rato divertido lendo a nova colección dos bolechas que acaba de chegar a Biblioteca do Rato. Esperemos que vivades moitas aventuras con: Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e a familia Bolechas xunto coas súas mascotas Fusco e Lusco. Podedes atopar esta colección na sección de novidades.

viernes, 1 de marzo de 2013

Un repoludo gaiteiro

Seguimos co recitado de poemas de Rosalía por parte dos alumnos de Ed. Primaria. A continuación podemos escoitar aos alumnos de cuarto curso recitando un coñecido poema:

 
E os alumnos do terceiro ciclo tamén recitaron uns versos que son un cadro vivo e sinxelo da nosa
terra:
 
 
                                      

martes, 26 de febrero de 2013

AGRICULTURA ECOLÓXICA

O pasado mércores dous dos compoñentes da Asociación para o desenvolvemento rural sostible Grelo Verde viñeron  a Biblioteca do Rato para contarnos en que consiste a agricultura e a gandeiría ecolóxicas. Aprendemos unha chea de cousas así como todo aquilo que está prohibido e permitido neste tipo de agricultura e gandeiría , os beneficios , ventaxas etc.
Finalmente os alumnos do primeiro e segundo grupo elaboraron uns traballiños moi ben feitos que podedes ver no seguinte enlace. Como resultado deste traballo a Asociación  Grelo Verde obsequiaron aos nenos con un surtido de productos ecolóxicos.
Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
Make your own free scrapbook design



lunes, 25 de febrero de 2013

RECITADO DE POEMAS

Os nenos e nenas do primeiro grupo de primaria recitaron a Rosalía. Este ano o Día de Rosalía ten unha especial relevancia, pois cúmprense 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. 
Pódense oír no seguinte vídeo:

                                              

viernes, 22 de febrero de 2013

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Celebramos o día de Rosalía cun recitado dos seus poemas por parte dos alumnos de primaria. Ademais, os nenos e nenas do terceiro ciclo realizarán unha webquest para buscar información sobre a autora de Cantares Gallegos. De seguido tendes un poema de Rosalía musicado por Amancio Prada.



viernes, 1 de febrero de 2013

XA ESTAMOS DE ENTROIDO !

No colexio estamos a ultimar os preparativos para festexar o Entroido. Deste xeito aquí vos deixo as ordes do meco que debedes respectar durante a próxima semana. O resultado final de todas as ordes será un pallaso. Así que poñédevos a rebulir no armario que de seguro atoparedes: gravatas do avó, paxarelas de teu pai , perrucas de cores, gorros chistosos, camisas coloridas, pantalóns xigantes, zapatóns enormes, tirantes... Vale todo aquilo que un pallaso poda levar!. E por supusto non vos esquezaces da maquillaxe. Un pallaso sen nariz vermello e boca pintada non é un pallaso! Espero que o pasades moi ben!
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Customize a picture collage

lunes, 28 de enero de 2013

VESTIMOS DE PAZ O NOSO COLEXIO

Estes días no noso colexio abundan as mensaxes e desexos de PAZ onde os valores máis nomeados son a amistade, a igualdade, o amor e a solidariedade, entre outros moitos, protagonistas dos contos e poemas que estamos preparando para o mércores 30 de xaneiro.
Todos os alumnos do colexio adornaron a árbore da PAZ con distintos debuxos de nenos de diferentes nacionalidades para fomentar a igualdade.
Así mesmo, os alumnos de Educación Infantil fixeron un mural onde eles mesmos son os mariñeiros dun gran barco de papel que navega polo mar, rexeitando a guerra e buscando a paz, tal e como di a canción que están preparando.
Os alumnos de Primaria fixeron un mural con coloridos mandalas sobre os cales colocaron unha gran pomba.
Todos estes traballiños os podedes ver no seguinte enlace.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow made with Smilebox