viernes, 27 de octubre de 2023

UNHA VISITA ESPECIAL POLO DÍA DAS BIBLIOTECAS

 No cole esta semana celebramos o día das Bibliotecas e a nosa actividade estrela foi a visita de Andrea Maceiras.

Andrea é unha escritora galega de literatura xuvenil e o noso alumnado tivo a oportunidade de charlar con ela. Contounos que as ideas dos seus libros ás veces xorden de forma inesperada. Por exemplo, o seu libro Alma de elefante foi escrito a partir dun debuxo feito a lapis que se atopou no chan do templo de Banteay  Srei na súa viaxe a Camboxa.

Ademais, Andrea animounos a que plasmemos en papel as nosas propias historias e a gozar das aventuras que conta nos seus libros.




martes, 10 de octubre de 2023

INAUGURAMOS A NOSA BIBLIOTECA

Xa comezado este curso escolar, dámosvos a benvida a nosa biblioteca. O rato ábrevos as portas con moita ilusión e ganas de que vivades aventuras novas subidos nos libros que garda no seu tobo.

Neste vídeo ensinámosvos como o alumnado de Educación Primaria realizou o primeiro préstamo.



Este ano damos comezo a un novo proxecto titulado "CULTURIZÁNDOTE EN GALICIA", co obxectivo de que o noso alumnado coñeza a súa contorna máis próxima e tome conciencia da importancia da súa conservación.