miércoles, 21 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL

Onte foi un día moi especial para o noso cole. Festexamos o tradicional Festival de Nadal.
Foi un día de moitos nervios, ilusión que quedaron reflectidos en todas e en cada actuación prepadas con moito esforzo e dedicación. 
Así de guapos estabamos e así de ben o fixemos.

viernes, 16 de diciembre de 2016

FESTIVAL DE NADAL 2016

O vindeiro martes 20 de decembro ás 15: 00 terá lugar o Festival de Nadal coas actuación que con tanta ilusión levamos preparando.

Queremos vervos a todos e a todas e para que non perdades detalle deixámosvos a orde das actuacións e unha selección das postais de NADAL.



NESTE NADAL, UNHA LECTURA SENTARACHE XENIAL!

Nestas datas, regala un libro, a mellor viaxe ao mundo da imaxinación onde todo é posible.
Dende A Biblioteca do Rato deixámosvos un tríptico de recomendacións lectoras para que incluades un libriño na carta a Papa Noel e os Reis.



jueves, 15 de diciembre de 2016

BO NADAL

Con todas as postais de Nadal feitas polos nenos e nenas e con esta foto tan representativa, dende A Biblioteca do Rato desexámosvos un Nadal cheo de momentos máxicos  e inolvidables.



miércoles, 14 de diciembre de 2016

O NOSO NACEMENTO

Como cada ano nestas datas o colexio vístese de Nadal e non podía faltar o habitual nacemento que nos deixa a todos abraiados observando todos os seus detalles.

Así de bonito loce

















viernes, 2 de diciembre de 2016

CON SABOR A NADAL

Pouco a pouco o noso cole vaise preparando para o Nadal. O noso Ratiño xa está preparado para a ocasión e dende as clases xa estamos a preparar bailes, panxoliñas e obras de teatro para o noso gran festival que terá lugar o martes 20 de decembro.