martes, 20 de noviembre de 2018

LECTURAS DE NADAL

Xa tendes á vosa disposición unha selección de lecturas de Nadal para ir preparando a celebración destas festas tan especiais.
O noso Ratiño invítavos a que vos pasedes pola exposición e o pasedes xenial viviendo as mellores aventuras cos personaxes máis cálidos destas datas.




jueves, 15 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018

Un ano máis gozamos dunha das nosas festas máis populares e con máis tradición, O MAGOSTO!
Como ben manda a tradición, fixemos unha fogueira para asar os chourizos e castañas que logo degustamos e xogamos aos xogos tradicionais .
Pasamos unha bonita xornada de convivencia! Aquí están as probas.