viernes, 28 de febrero de 2020

XORNADA DE PRIMEIROS AUXILIOS

No día de onte os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º gozaron dunha entretida e interesante xornada de primeiros auxilios que impartiron un equipo de profesionais do CHUO. Nesta importantísima lección teórico-práctica aprendemos como actuar prestando os primeiros auxilios e a quen acudir en caso de emerxencia. Tamén practicamos como curar feridas e pequenas lesións cotiás e moitos outros conselliños moi axeitados en caso de "Pupas, sustos e outros desgustos"
Así de ben o pasamos aprendendo e poñendo en práctica o aprendido!
















viernes, 21 de febrero de 2020

FESTA ENTROIDO

Nesta semana de Entroido a cousa foi de cavernícolas e todos e todas convertémonos en primitivos e regresamos á época Prehistórica. Para a ocasión deseñamos uns orixinais traxes con peles, despeiteamos os cabelos decorados con ósos, pintamos a cara para a ocasión e por suposto acompañamos o atuendo con ferramentas ruprestres do máis enxebres.

O venres rematamos a semana de festa disfrazándonos dos nosos personaxes favoritos: superheroes, magos, princesas, indios e vaqueiros, bailarinas, fadas e outros moitos.  Un ano máis, xogamos aos tradicionais xogos de Entroido en Ramirás; as olas e as piñatas. Así de ben o pasamos!!



















jueves, 13 de febrero de 2020

ENTROIDO

Velaí van os mandatos deste ENTROIDO que vai da PREHISTORIA  e no que nos converteremos en CAVERNÍCOLAS!!
Empezade a deseñar os vosos complementos primitivos para vivir unha aventura prehistórica!!

Recordade que  no ENTROIDO DE RAMIRÁS, manda o RATO e ninguén máis!!