lunes, 28 de enero de 2013

VESTIMOS DE PAZ O NOSO COLEXIO

Estes días no noso colexio abundan as mensaxes e desexos de PAZ onde os valores máis nomeados son a amistade, a igualdade, o amor e a solidariedade, entre outros moitos, protagonistas dos contos e poemas que estamos preparando para o mércores 30 de xaneiro.
Todos os alumnos do colexio adornaron a árbore da PAZ con distintos debuxos de nenos de diferentes nacionalidades para fomentar a igualdade.
Así mesmo, os alumnos de Educación Infantil fixeron un mural onde eles mesmos son os mariñeiros dun gran barco de papel que navega polo mar, rexeitando a guerra e buscando a paz, tal e como di a canción que están preparando.
Os alumnos de Primaria fixeron un mural con coloridos mandalas sobre os cales colocaron unha gran pomba.
Todos estes traballiños os podedes ver no seguinte enlace.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free photo slideshow made with Smilebox

viernes, 25 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA





A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada, escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!

lunes, 21 de enero de 2013

Déixate axudar

Nestes días nos que se fala de paz, de amizade, de boas intencións...   deixamos aquí este vídeo da Fundación Khanimambo para invitar a todos á reflexión ...


video

sábado, 19 de enero de 2013

Preparando o día da PAZ

Acércase o día 30 de xaneiro, unha data importante para os centros educativos, pois ese día celebramos o día da PAZ. Na biblioteca do Rato estamos a preparar unhas cantas actividades: poemas, contos, desexos de paz...e tamén unhas cancións. Os cativos de Ed. Infantil están aprendendo a canción Barquito de papel, e os de primaria a titulada ¿Por qué no ser amigos?, con letra de El Canto del loco e Hombres G.
video
 
 
A canción dos alumnos de primaria podedes vela no seguinte enlace: