lunes, 18 de diciembre de 2017

FESTIVAL DE NADAL 2017

Como cada ano nestas datas preparamos con moita ilusión e cariño obras de teatro, panxoliñas e bailes que representaremos o vindeiro mércores 20 de decembro ás 15:00 no Festival de Nadal 2017.
Non vo lo podedes perder!! Estades todos convidados!
Aquí vos deixo o programa para que lle botedes unha ollada.



viernes, 15 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL

Dende a Biblioteca do Rato recomendámosvos as seguintes novidades lectoras para este Nadal. Así que non esquezades incluír un libriño na carta a Papa Noel e aos Reis Magos.



jueves, 14 de diciembre de 2017

RECUNCHOS DE NADAL

O noso cole xa está vestido para o Nadal, co seu correspondente belén e máis decorados así como a fermosa árbore que xa decora a entrada coas postais e felicitacións de Nadal.
















miércoles, 6 de diciembre de 2017

I EXPOSICIÓN A VOLTA AO MUNDO NUN BALÓN

Na xornada de onte tocou expoñer o traballo deste primeiro trimestre que consistoiu na recollida de información e estudo dos países seleccionados que quedou plasmado en murais que adornan os corredores da primeira planta do cole.
Os alumnos fixéronnos un percorrido por España, México e Italia facendo parada nos monumentos máis importantes, na súa comida típica, traxe e música característicos, personaxes máis relevantes así como a mascota do seu mundial de fútbol e  a canción.
Así resultou a exposcición e así de vistosos quedaron os murais.

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 1 de diciembre de 2017

PAÍSES PRIMEIRO TRIMESTRE

Como xa sabedes, este ano no proxecto da biblio embarcámonos nunha aventura na que estamos dando á volta ao mundo nun balón e estudando os países nos que se celebrou o mundial de fútbol dende o ano 1982.
Neste trimestre os alumnos  recompilaron información, estudaron e fixeron un mural coa información do país correspondente. Os alumnos de 1º e 2º traballaron co país de  México, os alumnos de 3º e 4º co país de España e os de 5º e 6º con Italia.
Toda a información dos países queda recollida nun libro que leva por título: " Caderno de países A volta ao Mundo nun balón da Biblioteca do Rato" que podedes ver a continuación.








LECTURAS DE NADAL

Coa chegada do mes de decembro e das baixas temperaturas, non hai mellor plan que buscar un recuncho quentiño e gozar dun bo libro con aventuras de Nadal.
Xa tendes unha selección de aventuras de Nadal na zona de exposicións!!



jueves, 23 de noviembre de 2017

UN SAMAÍN DE PELÍCULA

Como ben sabedes, o día de celebración do Samaín un equipo de reporteiros de Telemiño acudiu ao noso cole a grabar a nosa festa e a fin de semana pasada emitiuse no programa xornal escolar.
Para os que volo perdestes velaí vai o enlace.

http://www.teleminho.com/video/xornal-escolar/xornal-escolar-18-11-17/20171120095225026280.html

viernes, 17 de noviembre de 2017

REPORTAXE NO XORNAL

O pasado mércores saíu unha pequena reportaxe das nosa celebracións do Samaín e do Magosto no suplemento Xornal Escolar da Región.
Aquí vos quedan as reportaxes para que lle botedes unha ollada.
Lembrade tamén que mañá sábado ás 14.00 saímos en Telemiño.








viernes, 10 de noviembre de 2017

DE MAGOSTO

Hoxe venres festexamos o magosto e nesta xornada non faltaron os xa coñecidos xogos tradicionais como o encesta castañas, os carozos de millo e o paracaídas, unha boa fogueira, os chourizos á grella con pan, hoxe moi nomeados como "chouripan",  chocolate con churros e como non, as protagonistas da festa, que foron sen dúbida as castañas.
Así de ben o pasamos e con estas cariñas negras como tizóns rematamos!!

A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 1 de noviembre de 2017

TÚNEL DO TERROR



O noso Túnel do Terror nos informativos de Telemiño!! Unha pequena reportaxe para que vexades un avance.



martes, 31 de octubre de 2017

UN GRAN SAMAÍN

Hoxe martes 31 de outubro festexamos a gran festa de Samaín como ben se merece. 
Como cada ano todos acudimos ao cole disfrazados para a ocasión e o cole quedou cheiño de; bruxiñas, vampiros, zombis e demais seres do máis terroríficos.
Á primeira hora da mañá gozamos vendo unha peli de terror e despois do recreo comezou a aventura: obradoiros artísticos de samaín onde fixemos arañas e pantasmas con chupas e piruletas e un bolso en forma de araña para gardar as lambetadas de Samaín. 
Tamén o pasamos xenial na sección de xogos terroríficos mentres esperabamos a nosa quenda para ir ao ansiado túnel da bruxa. 
Este ano o túnel contou con algunha que outra novidade coma un arrepiante cemiterio cheo de espíritos vagando polas súas almas. Os máis valentes quedaron tan encantados que repetiron!!
Para repoñer forzas degustamos un menú terrorífico á base de crema de cabaza da misteriosa horta de Frankestein, ollos sanguentos na súa tinta, dedos mortíferos e tarta de nido de sucios vermes.
Este Samaín foi especial porque un equipo de reporteiros de telemiño acudiu ao cole para filmar toda a nosa festa así como as nosas caras cheas de emocións que quedarán reflectidas na reportaxe que se emitirá na súa canle. 
Hoxe foi un gran día onde a convivencia e as emocións foron a nosa mellor aprendizaxe e o medo sen dúbida o gran protagonista.


A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

viernes, 27 de octubre de 2017

O SAMAÍN COMEZA EN 3, 2, 1 ....

Se hai unha festa por excelencia no Ceip Rogelio García Yáñez de Ramirás é o Samaín e dende a biblioteca parten todas as actividades e esta non ía a ser menos.
O mes de outubro comeza sempre ben cargadiño de traballo: exposición de lecturas de medo, elaboración de carteis e conxuros de Samaín así como de todo o decorado do cole que loce terrorífico de arriba a abaixo.
Non nos podemos esquecer do gran día que será o vindeiro martes 31 de outubro. Para vivir unha experiencia única lémbrate de traer a túa cabaciña o luns 30 e vir disfrazado e maquillado o martes 31 para disfrutar  dos obradoiros e xogos de Samaín e pasalo de medo do Túnel do Terror.










jueves, 26 de octubre de 2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado martes 24 de outubro foi o día das Bibliotecas Escolares e hoxe xoves festexámolo coa visita do contacontos Iago López.
Así o festexamos e así de ben o pasamos.
PARABÉNS Á BIBLIOTECA DO RATO!!

 Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow

CONXUROS DE SAMAÍN

Neste Samaín tocou elaborar conxuros e resultaron uns arrepiantes feitizos cos que non quedará ningunha bruxa nin mal espírito na nosa biblioteca.
Velaí vai unha de conxuros!!


domingo, 22 de octubre de 2017

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro martes 24 de outubro é o día das Bibliotecas Escolares e festexarémolo coa visita do contacontos Iago López, autor do libro, "O cociñeiro Martiño"


viernes, 20 de octubre de 2017

O SAMAÍN XA ESTÁ AQUÍ

Un ano máis coa chegada do mes de outubro comezan os preparativos para a gran festa do Samaín.
Dende a clase de plástica preparamos os elementos decorativos que xa comezan a dar cor ao noso cole e dende a clase de lingua galega estamos a argallar uns arrepiantes conxuros para espantar bruxas, vampiros e demáis espíritos.
O noso rato Roger e o esqueleto Rober xa están preparados para a ocasión. así que comeza a deseñar o teu disfraz e a túa cabaza para gozar desta gran festa.








lunes, 9 de octubre de 2017

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Como cada mes de outubro, coincidindo co mes de celebración do Samaín a Biblioteca do Rato pon á vosa disposición unha selección de arrepiantes lecturas terroríficas. Quen se atreve a pasalo de medo?




viernes, 6 de octubre de 2017

O NOSO COLE NO XORNAL

A semana pasada o noso cole saiu no xornal.
Para todos os que volo perdestes, velaí vai a reportaxe.