lunes, 23 de abril de 2018

23 DE ABRIL, DIA DO LIBRO

Os libros son para soñar, para rir, para sumerxirse e bucear neles, para viaxar, para vivir aventuras, para recordar, para aprender, para buscar, para sentir e sobre todo para GOZAR con eles.

Hoxe 23 de abril, rendemos homenaxe aos nosos poderosos instrumentos de traballo, que nos unen e nos alegran o día a día. Para festexalo Nati acudiu ao noso cole a contarno uns conto do máis especial e emocionante. Pasamos unha tarde moi agradable todos xuntos!!











jueves, 19 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

O vindeiro luns 23 de Abril, festexaremos o día da Libro na Biblioteca do Rato coa visita de Nati, que nos ten preparados uns contiños para pasalo xenial xuntos!! Esperámosvos!!