jueves, 28 de abril de 2011

Día do libro

No cole de Ramirás celebramos este mércores o día do libro. A actividade gustou a grandes e pequenos e consistiu no seguinte: a metade dos nenos (segundo e terceiro ciclos) leulle un conto á outra metade (nenos/as de 1º ciclo e Ed. Infantil). Aproveitando o bo día, a lectura realizouse pola tarde no patio. Cada parella buscou o lugar máis axeitado e todos disfrutamos dunha moi agradable lectura ao aire libre.





Outros divírtense doutra maneira cos libros

sábado, 16 de abril de 2011

El Cid


No pasado trimestre os nenos e nenas do terceiro ciclo achegáronse á figura do Cid grazas á lectura da obra adaptada "El Cid contado a los niños". Dita obra estaba programada nas lecturas de lingua castelá. Despois de ler o texto tanto os nenos/as de terceiro como os de segundo ciclo viron a película "El Cid, la leyenda". Despois de comentar as diferenzas e similitudes entre o libro e a película, os alumno@s fixeron os seus resumos.






lunes, 11 de abril de 2011

Encontros PLAMBE 2011

O venres, 8 de abril, estiven nos Encontros PLAMBE das bibliotecas escolares de Galicia. Xa tiña participado nas xornadas que se celebran en outono, pero agora fíxeno como responsable da bibliotaca (levo pouco tempo). É de grandísima axuda o que alí se aprende. Ver o ánimo e entusiasmo de tanta xente tamén axuda a levantar o propio. Noraboa Cristina e Pilar pola organización. Todo moi, moi ben, pero o final co Sr. Neira Vilas foi apoteósico. Encarna dende Ramirás. Podedes ver os materiais, entrando como convidado no espazo moodle no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

lunes, 4 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO INFANTIL



O venres primeiro de abril celebramos no cole o día do libro infantil cunha sesión de contacontos moi especial. Os nenos e nenas do terceiro ciclo leron para o resto dos seus compañeiros "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. Dita celebración coincide coa data de nacemento deste autor danés, por eso nada mellor que ler un dos seus contos.