martes, 25 de abril de 2017

II XORNADAS DE CONTACONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

Onte luns, inauguramos as "II Xornadas de Contacontos e Exposicións artísticas" na Biblioteca do Rato.
Na xornada de onte, Sandra, de "Xurxemurxe" e antiga alumna do centro preparou para todos nós unha serie de actividades:
- Os alumnos/as de Infantil e 1º e 2º de Primaria traballaron o "feet and hand painting", no que pintaron cos pes, envoltos en papel burbulla, coas mans e os ollos tapados, ao son da música.
- Os alumnos/as de de 3º e 4º de Primaria realizaron un gran "collage" con materiais diversos: teas, goma eva, papeis de todo tipo, pintura ......
- Os alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, practicaron a técnica de Pollock,pintando con latas furadas, salpicando así pintura de distintas cores.
 Foi unha xornada na que aprendemos moito e o pasamos xenial, unha vez máis, fedellando coa ARTE.
Así de ben os pasaron os nosos ARTISTAS.


domingo, 23 de abril de 2017

FELIZ DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril é un día grande para todos nós e para as bibliotecas xa que sen un libro, se as grandes fontes do saber, non somos nada.
Dende a Biblioteca do Rato, desexámosvos un feliz día e animámosvos a facer dun libro o mellor compañeiro de aventuras.





Para festexar este gran día e outras conmemoracións conxuntas deste mes, iniciamos mañá luns 24 as "II Xornadas de Contacontos e Exposicións Artísticas" que terán lugar os días 24 e 28 de abril e na que participarán alumnos e demáis membros da comunidade educativa. Estades todos convidados a Biblioteca do Rato para disfrutar delas.


viernes, 21 de abril de 2017

II XORNADAS DECONTACONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

O próximos luns inaguramos as " II Xornadas de Contacontos e Exposicións artísticas" que terán lugar na Biblioteca do Rato.
Estades todos convidados.
Velaquí vos deixo o programa coas actividades que temos preparadas.





miércoles, 19 de abril de 2017

TRAVEL AROUND LONDON

Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria participaron na elaboración dun xornal para o concurso posto en marcha polo diario "La Región". Hoxe sae publicado no suplemento Xornal Escolar.
Aquí tamén lle podedes botar unha ollada.










ESCULTURAS

Os nosos pequenos artistas, desta volta, elaboraron unhas estupendas esculturas, utilizando materiais de todo tipo.
Así de bonitas quedaron  e así locen na nosa Galería de Arte.
Invitámosvos a vir a velas!


viernes, 7 de abril de 2017

ÁRBORES,AUGA E CONTACONTOS

Nas semanas pasadas traballamos a poesía, a concienciación do aforro e a importancia da auga e das árbores como fonte de osíxeno e corazón dos nosos bosques, dende as aulas.  
Os alumnos de 5º e 6º elaboraron un poema sobre a primavera, a auga e as árbores e fixeron un collage que decora a súa aula.
Estes días, durante a hora de ler lemos o libro que nos proporcionou, coma todos os anos, a Deputación de Ourense. Desta volta o libro leva por título "O amor de Rozabales".
No día de onte, plantamos un castiñeiro e gozamos dunha estupenda  sesión de contacontos a cargo de Nati, do grupo ourensán de " Sarabela Teatro"

Así traballamos e así o gozamos!!

lunes, 3 de abril de 2017

EN ABRIL, ACTIVIDADES MIL

Compartimos as actividades propostas para o mes de Abril.


Durante este mes, celebraranse as II Xornadas de Contacontos e Exposicións Artísticas.
Quen se anima a participar? Estades todos convidados