sábado, 26 de abril de 2008

Día do Libro

Día do LIBRO

O noso centro celebrou o "Día do Libro" por todo o alto ao longo de toda a semana con diversas actividades:
  • "Cada ovella coa súa parella", xogo que consistiu en enparellar títulos de libros coas súas portadas e buscalos.
  • "A sopa de letras" sobre persoaxes de diferentes contos.
  • "A Olimpiada do Saber" preguntas relacionadas con este mes dos libros para o terceiro ciclo.
  • Murais, exposicións, Contacontos a cargo dos nenos maiores...

viernes, 11 de abril de 2008

Visita do xornalista Jesús M. García



O xoves tres de abril visitou o noso colexio o xornalista de La Voz de Galicia Jesús Manuel García. Dunha forma moi amena e gráfica Jesús Manuel foilles explicando ós nenos como se facía o xornal, cos pasos a seguir para confeccionar unha páxina dende os seus plantexamentos ata o resultado final. Tamén lles explicou en que consiste o traballo dun xornalista e respondeu ás preguntas que lle fixeron os propios nenos e nenas.