lunes, 29 de abril de 2013

VISITAMOS O CONCELLO E O CENTRO CULTURAL

Como ben sabedes, este ano estamos traballando duro para coñecer o concello e o entorno no que vivimos e desta tocou vistar a casa do concello e o centro cultural.
Deste xeito saímos de camiño cara o concello acompañados dun guía xa coñecido por nós, Celso, o profe de informática. Unha vez na casa do concello visitamos as súas dependencias como o xulgado de paz, as oficinas de emprego, da asistenta social, de correos, o arquivo, o despacho da alcaldesa Pilar e o salón de plenos. Celso falounos dos diferentes traballos e actividades que se levan a cabo no concello e dende as diferentes oficinas para que todo marche ben. Acto seguido, os nosos pequenos periodistas entrevistaron a Pilar, a alcaldesa, con preguntas que prepararon con anterioridade.
Finalmente, despois de saber como é un concello e en que consiste o traballo dun alcalde visitamos o centro cultural destinado ao lecer e o desenvolvemento de actividades de ocio. O centro consta dunha sala de ordenadores, unha biblioteca e un salón de actos aberto diariamente á poboación.
Rematamos a xornada co regreso ao colexio sabendo máis da organización e actividades que un concello leva a cabo.
Dende aquí agradecemos a Celso e a alcaldesa Dona Pilar pola súa axuda e colaboración que fixeron desta unha xornada moi agradable.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow customized with Smilebox

jueves, 25 de abril de 2013

miércoles, 24 de abril de 2013

FESTEXAMOS O DÍA DO LIBRO COA VISITA DE LOIS ANTÓN

Onte 23 de Abril festexamos o Día do Libro con alguén moi especial. O poeta de Ramirás Lois Antón visitou a Biblioteca do Rato. Falounos da súa escola da infancia, dos xoguetes que construía e demáis xogos que argallaba para pasar o tempo. Tamén nos falou dos seus comezos como poeta e de que tivo que emigrar a Alemaña e Holanda onde xurden moitos dos seus poemas. Despois algúns alumnos recitaron poemas de Lois Antón e rematamos a xornada con preguntas e entrega de agasallos. Lois fíxonos un agasallo moi especial; un precioso poema que non pode definir mellor o noso instrumento de traballo "os libros" e outro poema sobre o noso colexio. Nós tamén quixemos agradecer a súa presencia neste día e agasallámolo cun libro de autores e compañeiros seus da zona.
Dende aquí agradecemos a túa presencia na nosa biblioteca nun día tan especial.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow

lunes, 8 de abril de 2013

EXPOSICIÓN DE LIBROS E INFORMACIÓN DA COMARCA

Como ben sabedes todos os seguidores do noso blog, este ano estamos a traballar no proxecto titulado: "Coñezo o concello e o entorno no que vivo", deste xeito, aproveitando o mes de abril e a celebración do día do libro, dende a Biblioteca do Rato, decidimos facer unha exposición de libros con información do concello de Ramirás e da comarca de Celanova, así como, de escritores nacidos nestas terras como poden ser: Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Mendez Ferrín e Lois Antón que actualmente reside no noso concello, entre outros.