miércoles, 29 de junio de 2016

GAÑADORES DO CONCURSO "FAI O TEU PROPIO XORNAL"

Os alumnos de 5º e 6º resultaron gañadores do concurso "Fai o teu propio Xornal" posto en marcha polo periódico La Región.

NORABOA RAPACES E TITOR por un traballo feito con moito esforzo e ilusión!!

Podedes botarlle unha ollada ao traballo que presentaron e que saiu premiado.









martes, 28 de junio de 2016

XOGAR, DOCE XOGAR

Un ano máis recordamos as actividades levadas a cabo a través do Progama Xogade que tamén parten da nosa biblioteca e contribúen a acadar grandes logros na aprendizaxe da nosa carreira de fondo: "o curso escolar."

Este ano participamos nas modalidades de campo a través, fútbol sala e bádminton. Así mesmo un  profesional do taekwondo aistiu ao centro para achegarnos a este deporte e axudarnos coa práctica. 





martes, 21 de junio de 2016

BO VERÁN CUN LIBRO NA MAN

Dende a Biblioteca do Rato sumamos un novo curso ecolar, que un ano máis estivo cargado de moito traballo, esforzo e aprendizaxe.

Para despedirnos facémolo do mellor dos xeitos, aconsellando lecturas e unhas boas  vacacións cheas de momentos felices e especiais. Para iso está o verán para disfrutalo!!



REVISTA ESCOLAR

Un curso máis que remata, pero non si a coñecida revista escolar, que resume todas as actividades, saídas e traballos que fixeron ao longo do curso 2015-16.

Aquí podedes botarlle unha ollada.

jueves, 2 de junio de 2016

CADERNO DE PINTORES

Un dos traballos propostos para o proxecto artístico no que traballamos este curso foi a elaboración dun Caderno de Pintores. Este caderno recolle un pequeno percorrido pola historia da pintura universal e as biografías dos pintores que estudamos durante o curso e que ao longo del fomos subindo ao blog. Esta sería a parte teórica do proxecto. A parte práctica, xa a mostramos, en todos os  cadros e manualidades que fixemos seguindo as técnicas e correntes artísticas dos pintores a seguir, pero unha vez máis invitámosvos a que visites a nosa Galería de Arte Rogelio García Yáñez e observedes os pequenos artistas que xurdiron este ano no noso cole.

 

FRIDA KHALO

Os alumnos de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria estudaron a Frida Khalo e os seus cadros para despois retratarse a sí mesmos;  mirándose tumbados nun espello, como Frida fixo cando por mor dun accidente de autobús se viu obrigada a permanecer na cama, a causa da fractura de varios ósos. Despois de se retratar eles mesmos retrataron ós seus compañeiros.



Así  fixeron as obras de arte e así de ben locen na nosa Galería.


Cadros de Frida Khalo

Biografía de Frida Khalo