jueves, 28 de abril de 2016

XORNADAS DE CONTACONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS

Como ben sabedes, para festexar o DÍA DO LIBRO na Biblioteca do Rato, decidimos levar a cabo unhas Xornadas de Contacontos e Exposicións Artísticas. Todos os pais, nais e alumnos voluntarios participaron nas sesións do luns e do mércores. Tivemos contacontos que contaron os seus contos de propia elaboración, teatro de títeres sobre pintores, exposicións artísticas diversas onde nos explicaron os pasos a seguir para a elaboración de manualidades e mesmo descubrimos a técnica do zentagle, que nos conseguiu relaxar a todos.

Déixovos as fotos das dúas sesións para que vexades as nosas artistadas!!


sábado, 23 de abril de 2016

FELIZ DÍA DO LIBRO

Os libros, os nosos instrumentos de traballo que día a día pasan polas nosas mans e son percibidos por todos os sentidos. O máis común é usar o sentido da vista, xa que para descifrar as mensaxes que agochan no seu interior, temos que usar os nosos ollos pero tamén os podemos ulir, quen non experimentou a sensación de ulir os libros noviños cando empeza o cole? Podemos tocalos e percibir as texturas e algúns ata os podemos oír. Sen emabargo, o máis emocionante de todo é que os podemos sentir. Cada libro encerra unha viaxe distinta que nos fai vivir e experimentar mundos que aínda non descubriramos, senon que llo digan a Don Quixote, el foi o maior soñador de libros, deixando libre a súa imaxinación metíase dentro do libro e viviu aventuras imaxinables.
Se vós queredes vivir aventuras como fixo Don Quixote, adiante!! Soamente precisades un medio de transporte; UN LIBRO

Un ano máis, este,  de xeito especial polos 400 anos da súa morte, lembrámonos de MIGUEL DE CERVANTES, nun día tan sinalado.



 No seguinte enlace podedes escoitar e ler capítulos do Quixote e xogar cos seus xogos:

http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm

Dende a Biblioteca do Rato desexámosvos un FELIZ DÍA DO LIBRO. Déixovos o díptico que a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia nos achegou para que leades o fermoso texto de Pedro Feijóo : "Os libros son para valentes?"  Eu son valente e vós?





Para a semana festexaremos A SEMANA DO LIBRO coas "Xornadas de Contacontos e Exposicións Artísticas" de pais, nais e alumn@s que terán lugar os días 25 e 27 de abril de 14:50 a 15:50 na Biblioteca do Rato.
Déixovos o programa para que lle botedes unha ollada.



miércoles, 20 de abril de 2016

SEMANA DA PRENSA

Os xornais, eses exemplares cheos de información que temos arredor e que agochan noticias de todo tipo, pasatempos, información metereolóxica e artigos interesantes cos que podemos practicar a lectura e a súa comprensión. Xustamente foi iso o que fixemos hoxe pola tarde na Biblioteca do Rato.




Traballamos co suplemento "Xornal Escolar" que acompaña todos os mércores o periódico "La Región" e do cal somos noticia en moitas ocasións. Cada grupo de alumn@s tiña que ler unha noticia, recoller as ideas máis importantes e expoñela ao resto de compañeiros. 

Resultou unha actividade moi interesante, onde unha vez máis aprendemos unha chea de cousas.

Así de ben o pasamos!!

XORNADAS DE CONTACONTOS E EXPOSICIÓNS ARTÍSTICAS



Na biblioteca do Rato xa temos todo listo para as vindeiras "Xornadas de Contacontos e Exposicións Artísticas" na que participarán alumn@s, pais e nais e que terán lugar o próxima luns 25 e mércores 27 ás 14:50 na nosa biblio con motivo da conmemoración do día do libro.

Estades todos convidado@s!!

Podedes ver o programa aquí.



jueves, 14 de abril de 2016

CADROS DE VAN GOGH

Despois de estudar a Van Gogh, repasar a súa biografía, os seus cadros e corrente artística reproducimos os seus cadros. Podédelos ver no seguinte enlace ou en directo na Galería de Arte Rogelio García Yáñez.

lunes, 11 de abril de 2016

SAÍMOS E TELEMIÑO

Como xa vos informavos, fai uns días,  as cámaras de telemiño acudiron o Picouto a gravar o noso cole e os alumnos foron os encargados de presentalo. Días despois acudimos ao plató de telemiño para rematar de gravar o programa e poñer a proba o concursante deste ano, que como xa sabedes, foi Jose, o noso profe de Ed. Física. Se queredes saber se foi quen de pasar as probas dos seus alumnos non vos perdades a emisión do programa.

Pinchando no seguinte enlace podedes ver o programa XORNAL ESCOLAR.

PROGRAMA XORNAL ESCOLAR 1ª PARTE

PROGRAMA XORNAL ESCOLAR 2ª PARTE


Nesta semana tamén saímos no suplemento Xornal Escolar da Región cun avance do que sería o programa de telemiño.

Saímos así de guap@s!!









A POESÍA

Que sería da nosa literatura sen os poemas?

Eses versos con musicalidade que forman as estrofas e que dan lugar a poemas cheos de sentimentos e emocións fan da lírica un recurso do que disfrutar.

Na nosa biblio temos unha sección adicada aos libros de poesía que están esperando a vivir novas aventuras con vós.

Os alumnos de 5º e 6º xa son uns poetas moi experimentados e unha vez máis demostraron a súa faceta de poetas.

Aquí podedes ver o resultado.


viernes, 1 de abril de 2016

AS ÁRBORES E A AUGA

As ARBORES son os pulmóns das nosas cidades e aldeas que contribúen a manter o equilibrio dos gases da atmosfera.
 
As árbores son un recurso do máis valioso para a humanidade, dannos: combustuible, madeira, medicinas, froitos, papel, caucho ... e sobre todo, OSÍXENO. 

A AUGA é fonte de vida para os seres vivos. O noso corpo está formado dun 80 % de auga e é indispensable para a nosa saúde e benestar. A pesar diso, catro de cada dez persoas carecen de aceso a auga potable e debido a este problema milleiros de persoas morren de enfermidades relacionadas co abastecemento de auga no mundo.

Conciencémonos da importancia nas nosas vidas das árbores e da auga e coidémolas como se merecen e non fagamos un mal uso para que nos faciliten a vida e poidan seguir facilitándoa no futuro.

A Deputación de Ourense achegounos, un ano máis, unha proposta didáctica para traballar estas commemoracións a través do libro "Dona Pinga e don carballo fan amizade"  que lemos dende as aulas.
Un ano máis, os axentes de Medio Ambiente da comarca acudiron ao centro para explicarnos a importancia de coidar o medio ambiente, os nosos bosques e seres vivos que habitan neles para protexerlos e evitar a súa extinción. 

Despois da charla, un ano máis,  plantamos unha árbore no patio do colexio, neste caso foi un carballo, coma o protagonsita do conto.

Déixovos unhas fotos da lectura do conto, charla dos axentes e plantación da árbore.