jueves, 25 de abril de 2024

TORNEO DE BÁDMINTON

 O venres 12 de abril, o noso colexio recibiu a un gran número de centros para disputar un torneo comarcal de bádminton. Foi unha xornada divertida onde un gran número de xogadores e xogadoras gozaron deste deporte. Ademais, o noso colexio conseguiu unha medalla de bronce para a alumna Mira Rios Alonso de 3º de Primaria.



miércoles, 24 de abril de 2024

SIMULACRO

 Estivemos a repasar o plan de evacuación en caso de emerxencia. Por aquí vos deixamos unha foto de todos e todas nós  o día do simulacro.



domingo, 21 de abril de 2024

TORNEO DE FÚTBOL SALA

Hai uns días xogamos un torneo de fútbol sala en Celanova. Pasamos un intre moi agradable xogando e vendo xogar aos outros equipos. 



miércoles, 17 de abril de 2024

POBO-ESCOLA LODOSELO

O pasado 12 de abril o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou o pobo-escola de Lodoselo.

Empezamos a mañá amasando o pan, e mentres fermentaba cambiamos de prado a un grupo de ovellas e démoslles de comer. Tamén puidemos dar un paseo en carro e coñecer ao único burro que queda na aldea. Unha vez que o pan fermentou, metémolo no forno para que estivese listo para a hora de irnos. Visitamos un xardín sensorial e estivemos en contacto cos señores e señoras do Centro de Día.

Para terminar o día faláronnos da importancia de coidar os nosos bosques e puidemos levarnos a casa un carballo para plantar, ademais do bolo de pan que fixemos.

Pasámolo xenial e ademáis viñemos coas mans cheas.




lunes, 8 de abril de 2024

COIDAMOS DOS NOSOS MONTES

 O pasado venres visitáronnos dous axentes forestais.  Aprendemos unha chea de cousas con eles e responderon a todas as nosas dúbidas, foron moi agradables. Ademais, para terminar plantamos no patio do colexio dous castiñeiros. Temos moitas ganas de velos medrar.





jueves, 4 de abril de 2024

DESPEDIMOS O 2º TRIMESTRE

 O último día os nenos e nenas de Infantil fixeron unha procura de oviños de chocolate polas zonas verdes do noso recinto escolar. Pasárono xenial e nós tamén porque compartiron cos profes e co alumnado de Primaria todo o que atoparon.



miércoles, 13 de marzo de 2024

8 M

 Este ano, no cole, dedicámoslle o Día da Muller a todas as avoas. Quixemos conmemorar mediante a figura das avoas a todas as mulleres que loitaron pola igualdade de xénero e así agradecerlles todo o que fixeron por nós.

Tamén, mediante un teatro de monicreques contamos a historia de DANIELA PIRATA. Unha historia dedicada a todas as nenas do mundo, para que nunca ninguén lles diga o que poden ou non facer.



lunes, 11 de marzo de 2024

HUGO

Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, acudiu ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Hugo. Unha peza teatral que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferente.



lunes, 4 de marzo de 2024

REFRÁNS SOBRE O TEMPO E O CLIMA

Grazas ao alumnado do centro e ás súas familias temos un novo libro na nosa Biblioteca. Un libro cheo de refráns que nos enche de sabedoría popular sobre o tempo e o clima.

Pulsando nesta imaxe podédeslle botar unha ollada.



viernes, 1 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


A ONU declarou o 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Desde o noso colexio quixemos unirnos a esta conmemoración. Recordamos que as mulleres e as nenas desempeñan un papel decisivo nas comunidades científicas e tecnolóxicas e que debe reforzarse a súa participación.


Para iso, visibilizamos mulleres referentes neste ámbito como foron Marie Curie e Valentina Tereshkova. Tamén realizamos un reto onde cada grupo loitaba por construír unha estrutura de espaguetes o máis alta posible. Pasámolo xenial e seguro que pronto repetiremos a experiencia. Ademais, o alumnado de 4º e 6º de Primaria, puxo en práctica unha das actividades que nos propuxo o CFR de Ourense desde Polos Creativos.

Para terminar o día cada clase expuxo na Biblioteca o experimento que preparara previamente na súa aula. Foi fantástico e o alumnado de infantil deixounos moi sorprendidos co que nos contaron.

Podedes ver máis fotografías pulsando aquí















viernes, 23 de febrero de 2024

"ADIÓS, RÍOS; ADIÓS, FONTES"



Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o aniversario de Rosalía de Castro. Para iso, fixemos un recital de poesía do seu libro Cantares Gallegos. Grazas a esta obra, publicada o 17 de maio de 1863 considérase a Rosalía a poetisa que inaugura o Rexurdimento.

Os cantares foron recitados diante do mural que lle dedicamos. Un mural que simboliza o seu nome e que nos lembra o compromiso que a autora tiña por revalorizar a cultura popular de Galicia e do seu idioma.





viernes, 16 de febrero de 2024

SOLTA PARA PODER VOAR

 O 30 de Xaneiro celebramos no noso centro o Día da Non Violencia e a Paz, baixo o lema “Solta para poder voar”.  Mediante un globo aerostático, creado con deseños de todo o alumnado, quixemos representar que para voar alto debemos despexar a nosa cesta daquelas cousas que non nos deixan avanzar e centrarnos nas que nos axuden na viaxe. Os nenos e nenas quixeron deixar atrás os conflitos e elixiron ir acompañados de: felicidade, amizade, amor, respecto, unión e bondade.

Pero non volo perdades, tamén tivemos tempo para o baile e a lectura. Aquí vos deixamos unhas fotos que mostran o ben que o pasamos.






miércoles, 14 de febrero de 2024

ENTROIDO 2024

 Aquí vos deixamos unhas pinceladas da nosa celebración de Entroido. Xa esperamos con ganas que chegue o seguinte.

 


lunes, 5 de febrero de 2024

É TEMPO DE ENTROIDO

Empeza unha semana chea de diversión. Deixámosvos por aquí as ordes do Meco para esta semana. Lembrade que o venres é libre, podemos disfrazarnos do que queiramos.


viernes, 2 de febrero de 2024

HELP! (TROUBLE IN THE JUNGLE)

O alumnado de 4º e 6º desprazouse ata o auditorio de Ourense para ver a obra de teatro HELP. Unha representación que nos fixo ser conscientes do problema da deforestación. Zonia, así se chamaba a protagonista da historia, loitou contra esta problemática e fíxonos ver que a natureza lle proporciona medicinas, alimento e fogar a moitos animais.


 


jueves, 11 de enero de 2024

APRENDENDO MÁIS SOBRE CANASTROS

O venres 1 de decembro aprendemos moito sobre unha forma de arquitectura rural moi característica da paisaxe galega.

Hórreo, cabaceiro, canizo, sequeiro, cacipo ou canastro (que é como na nosa zona se lle coñece) son algúns dos nomes que recibe esta construción dependendo da zona de Galicia.

Pasamos un rato moi agradable falando cun experto do tema.




martes, 9 de enero de 2024

DECORACIÓN DE NADAL EN ALLARIZ

 Para celebrar o final do primeiro trimestre fixemos unha saída a Allariz para ver a decoración de Nadal. Gozamos moito do decorado que fixeron os veciños e veciñas da vila, pero o que máis nos sorprendeu é que o Elfo apareceu entre o decorado. Que sorpresa!

Ademais de pasear polas súas rúas subimos ao outeiro máis alto de Allariz, coñecido como O Castelo, para ver a paisaxe desde o máis alto.




domingo, 7 de enero de 2024

A MAXIA DE LOLI

 Os Bolechas visitaron Ramirás e invitáronnos a súa actuación de maxia. Co show de Loli pasamos un intre moi divertido, aínda que algún dos nosos nenos case desaparece cos seus trucos de maxia. Pero tamén aprendemos que non debemos deixar de tentar aquilo co que soñamos.

Aproveitamos esta visita dos Bolechas para dar un paseo pola nosa contorna, gozando da paisaxe e da decoración de Nadal que había nas rúas.