viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL

Dende a Biblioteca do Rato desexámosvos que pasades un Feliz Nadal e que todos os soños e bos desexos se cumpran nestas datas tan especiais. Así mesmo aproveitamos para vos recomendar unhas lecturas e consellos para estas vacacións.

domingo, 16 de diciembre de 2012

CARTAS A PAPÁ NOEL E AOS REIS MAGOS

Os nenos e nenas do primeiro grupo de primaria xa lles escribiron as súas cartas, tanto a Papá Noel como aos Reis Magos. Quérenas compartir con todos antes de  metelas nas caixas de correo que temos no cole.


lunes, 10 de diciembre de 2012

ENGLISH PROJECTS

No seguinte enlace podedes ver algúns dos traballiños que fixemos durante o trimestre en Lingua Inglesa. Todos eles están expostos na clase de Inglés onde lle podedes botar un vistazo.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a free picture slideshow

miércoles, 5 de diciembre de 2012

CARTA A PAPA NOEL E OS REIS MAGOS

Dende a Biblioteca do Rato sabemos que vos portastes moi ben e que lestes moito durante este ano así que convidámosvos a que escribades a carta aos Reis e Papa Noel e as depositedes nos buzóns que colocamos no colexio.

lunes, 3 de diciembre de 2012

A CONSTITUCIÓN E AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Un ano máis os alumnos do primeiro grupo de primaria participamos no concurso da Constitución que organiza a Subdelagación do Goberno de Ourense. Este ano o lema eran as Comunidades Autónomas e para iso documentámonos en varios libros que atopamos na biblio e nas seguintes páxinas web:
Finalmente o resultado dos nosos debuxos foi o seguinte:
Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Picture collage customized with Smilebox