miércoles, 13 de marzo de 2024

8 M

 Este ano, no cole, dedicámoslle o Día da Muller a todas as avoas. Quixemos conmemorar mediante a figura das avoas a todas as mulleres que loitaron pola igualdade de xénero e así agradecerlles todo o que fixeron por nós.

Tamén, mediante un teatro de monicreques contamos a historia de DANIELA PIRATA. Unha historia dedicada a todas as nenas do mundo, para que nunca ninguén lles diga o que poden ou non facer.



lunes, 11 de marzo de 2024

HUGO

Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria, acudiu ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Hugo. Unha peza teatral que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferente.



lunes, 4 de marzo de 2024

REFRÁNS SOBRE O TEMPO E O CLIMA

Grazas ao alumnado do centro e ás súas familias temos un novo libro na nosa Biblioteca. Un libro cheo de refráns que nos enche de sabedoría popular sobre o tempo e o clima.

Pulsando nesta imaxe podédeslle botar unha ollada.



viernes, 1 de marzo de 2024

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA


A ONU declarou o 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Desde o noso colexio quixemos unirnos a esta conmemoración. Recordamos que as mulleres e as nenas desempeñan un papel decisivo nas comunidades científicas e tecnolóxicas e que debe reforzarse a súa participación.


Para iso, visibilizamos mulleres referentes neste ámbito como foron Marie Curie e Valentina Tereshkova. Tamén realizamos un reto onde cada grupo loitaba por construír unha estrutura de espaguetes o máis alta posible. Pasámolo xenial e seguro que pronto repetiremos a experiencia. Ademais, o alumnado de 4º e 6º de Primaria, puxo en práctica unha das actividades que nos propuxo o CFR de Ourense desde Polos Creativos.

Para terminar o día cada clase expuxo na Biblioteca o experimento que preparara previamente na súa aula. Foi fantástico e o alumnado de infantil deixounos moi sorprendidos co que nos contaron.

Podedes ver máis fotografías pulsando aquí