viernes, 24 de febrero de 2017

VIVA O ENTROIDO!!

Como non podía ser doutro xeito, hoxe festexamos o Entroido, como se merece. Acudimos ao cole disfrazados e a primeira hora rendémoslle homenaxe a Rosalía de Castro, por ser o seu día, o día no que cumple anos. De seguido, pintamos con xices de cores as olas de barro, para xogar despois de comer. A contirnuación disfrutamos do "I Festival Roller 2017, onde o os alumnos e alumnas nos deleitaron cunhas estupendas coreografías de patinaxe, que prepararon con moito esforzo e ilusión. Á hora do xantar degustamos un delicioso cocido e as típicas orellas de Entroido. Finalmente os maiores do cole xogaron coas olas de barro e os máis pequenos coas piñatas. 

Así de ben o pasamos neste estupendo día de Entroido.

FELICIDADES ROSALÍA

Hoxe 24 de febreiro, cúmprense anos do nacemento da nai da lingua galega, Rosalía, a que fixo renacer a lingua galega dos Séculos Escuros e nos deixou  fermosos con cantos á súa "terriña" galega, descripcións das aldeas e dos escenarios galegos máis tradicionais,  poemas onde se acorda dos que tiveron que marchar e senten morriña pola súa terra e onde denuncia as precariedades do campesiñado galego.

"Cantares Gallegos" é o seu libro por excelencia, o que Manuel Murguía, o seu marido, publicou sen que ela o suobese que conseguiu que o galego recuperase a súa identidade e deixase de estar desprestixiado.
Outro dos poemarios máis destacados foi "Follas Novas", publicado un so ano antes da súa morte
Rosalía non soamente destacaou na Literatura Galega, sendo unha figura representante no Romanticismo da Literarura Castelá. Fue precursora da poesía española e publicou un libro de poemas en lingua castelá;"En las orillas del Sar".
Rosalía é unha autora universal, traducida ás principais linguas mundiais e fundamentalmente incorpora a tristeza como sentimento predominante na súa obra, debido a unha serie de acontecementos e a unha época difícil que lle tocou vivir. Un dos poemas que mellor reflexan ese malestar e  esa dor e  a  "Negra Sombra", un dos poemas máis coñecidos.


Outro dos poemas máis coñecidos é " Adios Ríos, adiós fontes"  que fai referencia a marcha da aldea e o despido de todos e de cada un dos elementos que compoñen a paisaxe galega.

Esta semana,  quixemos rendir homenaxe, a esta gran muller que lle devolveu ao galego o seu carácter e fixémolo traballando cos seus poemas, repasando as súas andanzas pola vida e decorando as portas e un recuncho de cada aula cun poema que aprendemos. Hoxe, na hora de ler, disfrazados, porque coincidiu coa celebración do Entroido, recitamos os poemas e mostramos os nosos traballos aos nosos compañeiros.  


Así o fixemos e así nos quedou!!

VIVA ROSALÍA  #rosalíate

jueves, 23 de febrero de 2017

A COUSA VAI DE RATOS

Unha manchea de ratos invadiu o noso cole porque resulta que, como ben sabedes, este ano o noso RATIÑO encomendounos que o imitaramos a el para o Entroido e así de guapos nos puxemos todos para a ocasión.







viernes, 17 de febrero de 2017

ENTROIDO

Xa estamos ás portas do Entroido e como todos os anos "No ENTROIDO de Ramirás, manda o Rato e ninguén máis" e desta ocasión o noso Rato quere que nos convirtamos nun ratiño tan xeitoso e lector coma el.
Velaí van as ordes para a vindeira semana.
Lembrade que as ordes son acumulativas e que o Rato valorará todos aqueles accesorios que sexan feitos á man.











martes, 14 de febrero de 2017

EN RAMIRÁS, CADA DÍA QUERÉMONOS MÁIS

Con este lema queremos desexarvos un feliz día de San Valentín e mostrarvos  a bonita árbore que decora as nosas escaleiras.



martes, 7 de febrero de 2017

MARUJA MALLO

Agora é a queda de adicarlle o estudo e a reproducción da técnica da pintora galega Maruja Mallo.

Aquí tendes a biografía e o mural que está exposto na nosa biblio para que a coñezades un pouco mellor e disfrutes vendo os seus marabillosos cadros.







 

XORNAL ESCOLAR

Para todos aqueles que vos perdestes a emisión do programa "Xornal Escolar" de Telemiño e para todos os que o queirades volver a ver, aquí o tendes.
Esperamos que vos guste tanto como a nos.

http://www.teleminho.com/video/xornal-escolar/xornal-escolar-ramiras-040217/20170206200158023753.html

lunes, 6 de febrero de 2017

OS NOSOS CADROS DE LUIS SEOANE

Como xa vos mencionamos a principio de curso, este ano estamos a estudar pintores galegos e desta volta tocoulle a Luis Seoane. Despois de repasar a súa biografía, e coñecer as súas correntes artísticas e intereses na pintura reproducimos os seus cadros que xa locen na Galería de Arte Rogelio García Yáñez.
Así de estupendos nos quedaron!

viernes, 3 de febrero de 2017

XORNAL ESCOLAR

O mércores pasado saiu unha reportaxe do noso cole e do noso paso polo plató de Telemiño no suplemento Xornal Escolar da Región.