miércoles, 31 de octubre de 2018

SAMAÍN - HALLOWEEN

Como ben sabedes, o Samaín é a nosa festa por excelencia!! Estamos todo o ano agardando esta festa para decorar o cole, traer as nosas cabazas, disfrazarnos e pasar unha xornada do máis terrorífica!!
Xustamente hoxe foi iso o que aconteceu.
 Chegamos pola mañá todos disfrazados e maquillados para meter moito medo, comezamos o día cunha peli de terror e acto seguido comezaron os xogos, obradoiros de Samaín e o tan ansiado e esperado Túnel do Terror!! Este ano coláronse uns espíritos do máis terroríficos que nos fixeron pasar moitísimo medo !!
Á hora de comer degustamos un suculento menú de Samaín a base de crema de cabaza, ollos sanguentos recheos de masa visceral, momias crocantes, e deliciosos ollos de zombie e nido de sucias arañas!!
Para rematar o día refrescámonos cun delicioso cóctel recén saído dunha pócema arrepiante!!
Así de ben o pasamos e así de terroríficos estabamos todos!!





A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow












lunes, 29 de octubre de 2018

REECEITAS DE SAMAÍN

Este ano a Biblioteca do Rato propuxo elaborar receitas de Samaín.
Cada neno buscou e creou a súa receita de Samaín e todos os traballos quedaron recollidos nun libriño de Receitas.
Algúns pequenos chefs tamén se atreveron a cociñar as receitas e poidémolas degustar no comedor!! Estaban boísimas!! Rapaces non perdades as mañas!!









viernes, 26 de octubre de 2018

SAMAÍN, SAMAÍN.....!!

A nosa festa máis desexada está a piques de chegar e cada recuncho do cole xa está preparado para  a ocasión!!
Lembrade traer as vosas cabaciñas decoradas o vindeiro luns e aproveitade a fin de semana para deseñar o voso disfrace e así o mércores meter moito medo!!

Estades preparados para vivir unha experiencia do máis terrorífica??











miércoles, 24 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBBLIOTECAS ESCOLARES

PARABÉNS  Á BIBLIOTECA DO RATO!!

Hoxe 24 de outubro, rendemos homenaxe á nosa biblioteca, ao espazo máis prezado do noso cole, o lugar de onde xorden todas as ideas e posta en práctica das actividades, o lugar máis cheo de coñecementos do cole, o recuncho con mellores recordos que agocha momentos de xogo, de celebración das mellores festas, de momentos de lectura, búsqueda de información e lugar de convivencia e traballo entre todos nós!! Sen lugar a dúbidas este é o noso espazo favorito do cole, un lugar cheíño de maxia!!

Como ben o merecía hoxe gozamos dunha agradable e divertida sesión de contacontos grazas a Adrián e Carla que acudiron á Biblioteca do Rato para contarnos uns contiños do máis divertidos.

Así de ben o pasamos!!











domingo, 21 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O vindeiro mércores 24 de outubro festexaremos o Día das Bibliotecas Escolares coa visita de Adrián e Carla que nos teñen preparada unha divertida sesión de contacontos.


lunes, 8 de octubre de 2018

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Un ano máis, chegamos ao mes de outubro e con el a chegada do outono e do Samaín, a nosa celebración e festa favorita e máis desexada por todos.
Para ir preparándonos xa tendes á vosa enteira disposición unha selección de libros terríficos para pasalo de medo lendo as aventuras máis arrepiantes!!
Non vola perdades!!