lunes, 30 de septiembre de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Do 23 ao 27 de setembro celebramos a semana polo clima.
Dende o cole estamos moi concienciados/as da importancia que ten o coidado do noso planeta. Durante estes 5 días levamos a cabo unha serie de actividades para dar a coñecer a toda a nosa comunidade educativa e á xente que nos rodea, o verdadeiro problema que estamos causando os seres humanos.
Entre tod@s podemos!!!





BOMBEIROS NO COLE DE RAMIRÁS

O pasadao mércores, día 25 de setembro, tivemos unha visita moi especial. Coma todos os anos, un equipo de bombeiros da Mancomunidade de Terras de Celanova, acudiu ao noso centro para darnos unha charla sobre o labor que desenvolven e sobre o protocolo que debemos seguir en caso de emerxencia. Chamar ao 112.
Despois mostráronnos un dos seus vehículos e fixéronnos sentir bombeiros por un intre.
Moitas grazas e ata a próxima!!!




martes, 24 de septiembre de 2019

BENVIDOS Á BIBLIOTECA DO RATO

Benvidos un ano máis á nosa BIBLIO!!! Coma todos os inicios de curso , dámoslle unha especial benvida a todos os alumnos/as, pais, nais e mestres que se incorporan á nosa comunidade educativa e unha forte aperta a todos/as que xa formades parte dela dende fai anos. Este ano comezamos un proxecto novo titulado "O SUPERPODER DE DESCUBRIR", que nos vai transportar polas distintas etapas da historia nas que viviu o ser humano. Ademais festexaremos as festas máis conmemorativas e gozaremos de moitas aventuras xuntos. ESTADES PREPARADOS?