jueves, 30 de octubre de 2014

APÓCEMAS E FESTA DE SAMAÍN

Un ano máis festexamos por todo o alto a festa máis esperada do Ceip Rogelio García Yáñez. Despois de decorar o colexio con todo tipo de motivos de Samaín a guinda final puxérona as cabazas decoradas polos alumnos e máis as súas familias. Son verdadeiras obras de arte!! Noraboa rapaces!!
Este ano, como ben sabedes os que visitades a miúdo o blog, propoñíamos a elaboración de apócemas de Samaín e este foi o resultado das arrepiantes apócemas con noxentos ingredientes que xurdiron da imaxinación dos nosos pequenos



Chegou o 30 de outubro. Un dos días máis esperados de todo o ano, tanto para profesores coma para alumnos. Este ano, invitamos aos nosos veciños e amigos do Ceip San Marcos de Cartelle a que compartiran con nós este terrorífico e arrepiante día de Samaín e a experiencia non puido ser mellor.
Comezamos a xornada co visionado dunha película de medo, seguimos con talleres e xogos de Samaín e por fin chegou o momento máis esperado; o túnel do terror! Xantamos e tivemos un postre moi especial plátanos - pantasma e mandarinas disfrazadas de cabaza. Pola tarde degustamos unha deliciosa apócema de Samaín e recibimos un agasallo moi doce.
No seguinte enlace podedes ver o ben que o pasamos!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a slideshow design

Relatos de Samaín


viernes, 24 de octubre de 2014

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un ano máis, no día de hoxe rendimos homenaxe a nosa Biblioteca.
 Este ano Iago Santos visitou a Biblioteca do Rato e gozamos dunha divertida sesión de contacontos.
Así de ben o pasamos.

jueves, 16 de octubre de 2014

O NOSO COLE NO XORNAL



 
 





BOTAMOS A ANDAR AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Dende a Biblioteca do Rato iniciamos unha nova aventura botando a andar as mochilas viaxeiras que recorrerán as casas de todos os alumnos.
O noso Rato estará encantado de recibir as opinións, suxerencias e propostas de mellora desta nova iniciativa da nosa biblio





martes, 7 de octubre de 2014

EMPEZAMOS A PREPARARNOS PARA O SAMAÍN

Dende hai uns anos festexamos esta festa como se merece por que nos encanta!! Así que este ano non ía ser menos.
Dende a Biblioteca do Rato, aproveitando que o noso proxecto vai encamiñado cara o ámbito científico propoñémosvos unha elaboración de apócemas de Samaín.
Tamén aproveitamos para recordarvos que vaides buscando cabaza para traela decorada o luns día 27 de outubro e disfraz para a festa do xoves 29. Prepárate para pasalo de medo!




jueves, 2 de octubre de 2014

FELICIDADES MAFALDA

Dende a Biblioteca do Rato rendimos homenaxe a Mafalda, polo seu 50 aniversario, adicándolle un recunchiño da nosa biblio.

miércoles, 1 de octubre de 2014

OUTUBRO, MES DE LECTURAS DE MEDO

Aproveitando a celebración de Samaín, que todos os anos festexamos no cole, dende a Biblioteca do Rato seleccionamos terroríficas aventuras de espantosos monstros, malvadas bruxas, cabaciñas andantes, casas encantadas, arrepiantes vampiros e moitos outros protagonistas que están esperando viaxar cara a túa imaxinación para pasalo de medo. 
Visita a nosa exposición e atrévete coas aventuras de medo!!

Pinchando no seguinte enlace podes ver os libros de medo da nosa exposición.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow customized with Smilebox

LECTURAS CIENTÍFICAS

Dende esta semana queda inaugurada unha nova zona de lecturas científicas na Biblioteca do Rato.