viernes, 7 de abril de 2017

ÁRBORES,AUGA E CONTACONTOS

Nas semanas pasadas traballamos a poesía, a concienciación do aforro e a importancia da auga e das árbores como fonte de osíxeno e corazón dos nosos bosques, dende as aulas.  
Os alumnos de 5º e 6º elaboraron un poema sobre a primavera, a auga e as árbores e fixeron un collage que decora a súa aula.
Estes días, durante a hora de ler lemos o libro que nos proporcionou, coma todos os anos, a Deputación de Ourense. Desta volta o libro leva por título "O amor de Rozabales".
No día de onte, plantamos un castiñeiro e gozamos dunha estupenda  sesión de contacontos a cargo de Nati, do grupo ourensán de " Sarabela Teatro"

Así traballamos e así o gozamos!!

No hay comentarios: