jueves, 18 de mayo de 2017

CARLOS CASARES

Na semana das Letras Galegas fixemos homenaxe a Carlos Casares, escritor ourensán pero tamén editor, catedrático de instituto, colaborador de revistas e xornais, membro da Real Academia Galega e mesmo político e impulsor da Lei de Normalización Lingüística.


Este polifacético autor escribiu unha manchea de libros, moitos deles de literatura infantil e xuvenil que nos trasladan á infancia, xa que, quen non leu algúns destes títulos, na súa vida de estudante? :  "As Laranxas, máis laranxas de todas as laranxas", " A Galiña azul", " Toribio",  "Lolo anda en bicicleta", " O can Rin e o lobo Crispín", " Un polbo xigante", " O galo de Antioquía". Tamén publicou novelas do máis existosas, desas que non es quen de parar de ler como o seu derradeiro libro" O sol do verán", " Os escuros soños de Clío" ou " Vento ferido" entre outros

Deste xeito, tal como a ocasión o requería, traballamos dende as distintas aulas en diferentes actividades. Repasamos a súa andanza, rebulimos nos seus libros e fixemos exercicios on- line nos ordenadores e na pizarra dixital.

Aquí podedes ver como traballamos e todo o que aprendemos de Carlos Casares.


A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow




Os alumnos de 5º e 6º participarán  mañá , no Certame de Teatro de Bande presentando a obra de teatro "Vivamos e comamos coma galegos", para poñer fin a Semana das nosas letras:  " AS LETRAS GALEGAS"





1 comentario:

Charo dijo...

Moi boa a exposición do proceso de apredizaxe sobre Carlos Casares. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier!