Este polifacético autor escribiu unha manchea de libros, moitos deles de literatura infantil e xuvenil que nos trasladan á infancia, xa que, quen non leu algúns destes títulos, na súa vida de estudante? : "As Laranxas, máis laranxas de todas as laranxas", " A Galiña azul", " Toribio", "Lolo anda en bicicleta", " O can Rin e o lobo Crispín", " Un polbo xigante", " O galo de Antioquía". Tamén publicou novelas do máis existosas, desas que non es quen de parar de ler como o seu derradeiro libro" O sol do verán", " Os escuros soños de Clío" ou " Vento ferido" entre outros
Deste xeito, tal como a ocasión o requería, traballamos dende as distintas aulas en diferentes actividades. Repasamos a súa andanza, rebulimos nos seus libros e fixemos exercicios on- line nos ordenadores e na pizarra dixital.
Aquí podedes ver como traballamos e todo o que aprendemos de Carlos Casares.
A Biblioteca Do Rato's Slidely by Slidely Slideshow
Os alumnos de 5º e 6º participarán mañá , no Certame de Teatro de Bande presentando a obra de teatro "Vivamos e comamos coma galegos", para poñer fin a Semana das nosas letras: " AS LETRAS GALEGAS"
1 comentario:
Moi boa a exposición do proceso de apredizaxe sobre Carlos Casares. Parabéns desde o CEIP San Francisco Xabier!
Publicar un comentario