martes, 26 de febrero de 2019

24 DE FEBREIRO. RAMIRÁS CON SUPER - ROSALÍA

O 24 de febreiro foi o aniversario de Rosalía e dende a Biblioteca do Rato, lembrámonos desta data tan característica da nosa lingua e quixemos renderlle homenaxe, como ben se merece.

Como Rexurdora da lingua Galega, muller emprendedora e loitadora, nesta ocasión caracterizámola de SUPER HEROINA converténdoa en SUPER - ROSALÍA.
Cada alumn@ escolleu unha estrofa dun poema que escribiu nun marcapáxinas e que posteriormente coloreou e decorou.

Así de fermosos nos quedaron os marcapáxinas da nosa SUPER HEROINA da lingua Galega!!











No hay comentarios: