sábado, 7 de enero de 2012

In memoriam





Dende aquí o noso adeus ao intelectual galeguista e polifacético artista Isaac Díaz Pardo.


Facemos nosas as palabras do seu amigo Xosé Neira Vilas e "aspiramos a que os nosos nenos e adolescentes sexan coma ti, cidadáns comprometidos".


martes, 20 de diciembre de 2011

viernes, 16 de diciembre de 2011

LIBROS DE NADAL




Na nosa biblio temos unha morea de contos de Nadal para vivir aventuras emocionates durante estas vacacións de Nadal. Nesta foto podedes ver a exposición que fixemos con estes libros.

BO NADAL







jueves, 15 de diciembre de 2011

AS NOSAS POSTAIS

Velaquí as postais de Nadal que este ano fixeron todos os nenos e nenas do cole. Están expostas á entrada adornando unha bonita árbore, sumándose así a outros adornos desta época do ano.




lunes, 12 de diciembre de 2011

os alumnos crean

A Álvaro de 4º curso e máis a Lara de 6º curso gústalles escribir. Hoxe deixáronnos estas mostras para compartir con todos vós.




viernes, 9 de diciembre de 2011

ACHÉGASE O NADAL!











Un ano máis celebramos o Nadal no colexio. Nestas datas celebramos o festival anual polo que andamos atarefados ensaiando para que todo saia a perfección. Mentres tanto deixámosvos un adianto do decorado navideño deste ano. Aproveitamos a ocasión para invitarvos á celebración do festival de Nadal que será o próximo martes día 20 a partir das tres da tarde.

jueves, 10 de noviembre de 2011

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Despois de traballar toda a semana sobre o magosto, a súa tradición e despois de recompliar os seus refráns e as súas cantigas celebramos un ano máis o magosto no colexio.
Primeiro asamos as castañas, xantamos, queimamos os medos que redactamos na semana do Samaín e por último xogamos aos xogos típicos desta festividade. Foi unha xornada inesquecible.

http://www.youtube.com/watch?v=KrKLCpAR0Jo

jueves, 3 de noviembre de 2011

A FESTA DO SAMAÍN

O pasado venres 28 de Outubro celebramos a festa do Samaín. Pola mañá lemos contos de bruxas e pantasmas e documentámonos na historia e tradicción do Samaín. Despois vimos unha película e pola tarde disfrazámonos e xogamos aos xogos típicos desta celebración. Velaí vai a proba do ben que o pasamos
http://www.youtube.com/watch?v=_vH5nKaNCP4