Na nosa biblio temos unha morea de contos de Nadal para vivir aventuras emocionates durante estas vacacións de Nadal. Nesta foto podedes ver a exposición que fixemos con estes libros.
Velaquí as postais de Nadal que este ano fixeron todos os nenos e nenas do cole. Están expostas á entrada adornando unha bonita árbore, sumándose así a outros adornos desta época do ano.
Un ano máis celebramos o Nadal no colexio. Nestas datas celebramos o festival anual polo que andamos atarefados ensaiando para que todo saia a perfección. Mentres tanto deixámosvos un adianto do decorado navideño deste ano. Aproveitamos a ocasión para invitarvos á celebración do festival de Nadal que será o próximo martes día 20 a partir das tres da tarde.
Despois de traballar toda a semana sobre o magosto, a súa tradición e despois de recompliar os seus refráns e as súas cantigas celebramos un ano máis o magosto no colexio. Primeiro asamos as castañas, xantamos, queimamos os medos que redactamos na semana do Samaín e por último xogamos aos xogos típicos desta festividade. Foi unha xornada inesquecible.