viernes, 21 de diciembre de 2012
BO NADAL
Dende a Biblioteca do Rato desexámosvos que pasades un Feliz Nadal e que todos os soños e bos desexos se cumpran nestas datas tan especiais. Así mesmo aproveitamos para vos recomendar unhas lecturas e consellos para estas vacacións.
domingo, 16 de diciembre de 2012
CARTAS A PAPÁ NOEL E AOS REIS MAGOS
Os nenos e nenas do primeiro grupo de primaria xa lles escribiron as súas cartas, tanto a Papá Noel como aos Reis Magos. Quérenas compartir con todos antes de metelas nas caixas de correo que temos no cole.
lunes, 10 de diciembre de 2012
ENGLISH PROJECTS
No seguinte enlace podedes ver algúns dos traballiños que fixemos durante o trimestre en Lingua Inglesa. Todos eles están expostos na clase de Inglés onde lle podedes botar un vistazo.
![]() |
![]() |
Create a free picture slideshow |
miércoles, 5 de diciembre de 2012
CARTA A PAPA NOEL E OS REIS MAGOS
Dende a Biblioteca do Rato sabemos que vos portastes moi ben e que lestes moito durante este ano así que convidámosvos a que escribades a carta aos Reis e Papa Noel e as depositedes nos buzóns que colocamos no colexio.
lunes, 3 de diciembre de 2012
A CONSTITUCIÓN E AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Un ano máis os alumnos do primeiro grupo de primaria participamos no concurso da Constitución que organiza a Subdelagación do Goberno de Ourense. Este ano o lema eran as Comunidades Autónomas e para iso documentámonos en varios libros que atopamos na biblio e nas seguintes páxinas web:
Finalmente o resultado dos nosos debuxos foi o seguinte:
viernes, 30 de noviembre de 2012
LECTURAS DE NADAL
Papa Noel e os Reis Magos xa chegaron á Biblioteca do Rato e deixaron unha exposición de lecturas de Nadal. Animádevos a ler históricas máxicas e frías de Nadal .
martes, 27 de noviembre de 2012
Recibimos a visita dos Bombeiros
Hoxe día 27 de novembro tivemos unha visita moi especial no cole. Os bombeiros da Mancomunidade de Celanova déronnos unha charla sobre o que debemos facer en caso de incendio. Foi unha charla moi amena na que Bob Esponxa axudado dun libro moi especial nos contou como actuar ante un incendio.
Despois souo a alarma e todos saímos moi ordenadamente ao patio mentres a directora chamaba ao 112 para alertar do incendio que había no cole. Os bombeiros enseguida chegaron cos seus camións, apagaron o lume e rescataron a Teacher que quedara atrapada dentro. Finalmente os bombeiros nos explicaron e nos ensinaron todas as ferramentas que traen nos seus camión e para que serven. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos moito. Dende hoxe moitos queremos ser de maiores bombeiros !
Despois souo a alarma e todos saímos moi ordenadamente ao patio mentres a directora chamaba ao 112 para alertar do incendio que había no cole. Os bombeiros enseguida chegaron cos seus camións, apagaron o lume e rescataron a Teacher que quedara atrapada dentro. Finalmente os bombeiros nos explicaron e nos ensinaron todas as ferramentas que traen nos seus camión e para que serven. Foi unha xornada moi divertida onde aprendemos moito. Dende hoxe moitos queremos ser de maiores bombeiros !
![]() |
![]() |
Another presentación by Smilebox |
miércoles, 14 de noviembre de 2012
MAGOSTO 2012
O martes 13 de novembro celebramos o magosto no colexio e pásamolo moi ben. Comemos empanada, chourizos e castañas asadas na fogata. Despois de comer pintámonos e xogamos aos xogos típicos galegos como o encesta castañas, carreira de sacos e a facer castelos con carozos de millo.
No seguinte enlace podedes ver a celebración da festa:
No seguinte enlace podedes ver a celebración da festa:
![]() |
![]() |
Customize a slideshow design |
jueves, 1 de noviembre de 2012
O SAMAÍN
O 31 de Outubro celebramos o Samaín no colexio e pasámolo de medo. Empezamos a mañá disfrazándonos e vendo unha película. Os máis pequeno viron unha de Mickye e os maiores Casper. Despois os profes tiñan preparado un tunel do terror. Había arañas, esqueletos, bruxas, vampiros botando auga e uns sons arrepiantes. Pasámolo de medo. Continuamos a xornada con un menú de Samaín; crema de cabaza e xelatina con sorpresa. Pola tarde xogamos a uns xogos de Samaín moi divertidos e recibimos os premios das cabazas. Xa estamos deseando que chega o próximo para repetir!
Nos seguintes enlaces podedes botar un ollo.
http://www.youtube.com/watch?v=NsQaVSxlA1M&feature=youtu.be
Nos seguintes enlaces podedes botar un ollo.
![]() |
![]() |
This slideshow customized with Smilebox ENLACE PARA VISUALIZAR O VIDEO EN YOU TUBE: |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)