jueves, 10 de abril de 2014

FESTEXAMOS O DÍA DA ÁRBORE

O mércores día 9 de abril saímos de excursión ao Centro de Recuperación de Aves do Rodicio.
Alí, os axentes de Medio Ambiente ensináronnos algunhas aves como o bufo real, a aguia cobreira, o alimoche, a curuxa e a cegoña entre outras aves. Tamén puidemos ver un lobo dende moi cerca, varios cabalos e potros e mesmo un estanque con tartarugas. Tamén estivemos presentes na posta en liberdade dunha ave xa recuperada.
A hora de xantar dirixímonos ao Viveiro e Centro de Interpretación Forestal dos Milagres onde visitamos a súa exposición.
Dende a Biblioteca do Rato agradecemos aos axentes de medioambiente a súa invitación e participación nesta visita onde aprendemos moitas cousas gozando dun estupendo día nun agradable entorno.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own picture slideshow

viernes, 4 de abril de 2014

SEMANA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

O 2 de Abril festexamos na Biblioteca do Rato o día da Literatura Infantil e Xuvenil. Pola mañá visionamos a película "James y el melocotón gigante" baseada no libro de Roald Dalh, un pioneiro na Literatura Infantil inglesa.
Pola tarde tivemos uns contacontos moi especiais: Lourdes, a mamá de Meri, contounos unha lenda moi especial pertencente a nosa comarca, sobre a virxe da Ponte Peidiz. Tamén nos mostrou dous libros antigos, un manuscrito e as ordenanzas municipais do concello de Freás de Eiras que data do ano 1899. Cristina, a mamá de Ana e Adrián, contounos a lenda de mouros da Serra Silvana, tamén moi característica da zona e
Jorge, o papá de Analía, contounos unha fermosa fábula do rey da selva, o león, onde unha vez, se demostra como o amor e a amizade triunfan.
O venres, os alumnos de 2º grupo, preparon un teatro de marionetas onde representaron dous contos: "Os sete Cabritiños" e " Pulga e Xigante".
Aquí podedes ver as fotos e os vídeos dos contos dos alumnos do 2º grupo.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free digital slideshow made with Smilebox




Dende aquí agradecemos a colaboración dos papás e mamás, que se animaron a participar nesta actividade e grazas aos que pasamos unha tarde moi amena.

miércoles, 2 de abril de 2014

EN ABRIL, LIBROS MIL

Este mes temos moitas actividades na Biblioteca do Rato para festexar o día da Literatura Infantil e Xuvenil, o día do Libro e o día da Árbore.Aquí vos deixo un avance. Esperamos que as disfrutedes moito!


martes, 1 de abril de 2014

ESTRENAMOS DECORADO NA ENTRADA DO COLE


Como ben sabedes o Rato é a mascota da nosa biblio e cando decidimos decorar a entrada ó colexio foi en quen primeiro pensamos. Decantámonos pola técnica do graffiti e o resultado podédelo ver nas fotos que vos deixo aquí abaixo.
Dende hoxe o Rato tamén nos dará a benvida cada vez que entremos no Ceip Rogelio García Yáñez.






domingo, 9 de marzo de 2014

Día da Muller

Desde a Biblioteca do Rato, coincidindo co Día da Muller, invitámosvos a que vexades o seguinte vídeo moi apto para reflexionar sobre a igualdade.


E tampouco podemos esquecer a película As Mestras da República, gañadora dun Goya 2014 á Mellor longometraxe documental. Nela pódese ver toda unha homenaxe a esas mulleres que loitaron polos seus dereitos e pola modernización da Educación.


Rosalía de Castro



Na Biblioteca do Rato celebramos o día de Rosalía cun recital de poemas por parte dos alumnos e alumnas de primaria. Despois de investigar sobre a súa vida e obra, escolléronse poemas da autora que os nenos/as copiaron e colorearon, para despois recitar. Finalmente fixemos unha montaxe que podedes ver no seguinte enlace:

           http://www.youtube.com/watch?v=1PGizyU3NiE

lunes, 24 de febrero de 2014

ENTROIDO 2014


Este ano a nosa mascota da Biblio, O Rato, encargase de dar as ordes do Entroido.
Aquí podedes ver as fotos e empezar a buscar roupa e accesorios de pirata. Seguro que na casa atoparedes teas para facer un parche, pañoletas da avoa, algún chaleco do teu pai ou unha camisa de raias da túa nai. Lembrade que tamén podedes traer accesorios! Pensade nos piratas dos libros de aventuras e a deseñar!. No Entroido todo vale!!







viernes, 31 de enero de 2014

CONMEMORAMOS O DÍA DA PAZ

Despois de traballar e coñecer a vida do noso protagonista, Nelson Mandela, hoxe venres 31 de xaneiro, conmemoramos o Día da Paz no colexio. Comenzamos a xornada coa proxección de dúas películas que nos transmitiron moitas e moi boas mensaxes para reflexionar e aprender:  "El gigante de hierro" e "Invictus".
Xa pola tarde o alumnado leu as frases de Mandela que traballamos nas aulas previamente e coas que elaboramos un mural. Tamén vimos algúns vídeos que nos deixaron reflexións moi positivas.

 Aquí tendes o enlace da Conmemoración do día da paz:
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free slideshow

Estes son algúns dos videos que traballamos:
http://www.youtube.com/watch?v=FXFeuQGokHA

Despídome, como non podía ser doutro xeito, cunha gran frase de Madiba:



martes, 21 de enero de 2014

NELSON MANDELA

Este ano co motivo da morte do Premio Nobel da Paz , "Madiba", adicaremos o Día da Paz ao primer presidente negro sudafricano e mellor persoa.
Para iso dende a Biblioteca do Rato estamos a investigar a súa traxectoria e analizando a fondo as frases tan profundas e fermosas que este referente internacional nos deixou.

Deixovos algúns enlaces para que coñezades a fondo a Mandela.

Biografía :

Vídeos
http://www.youtube.com/watch?v=q-U33im4rnY

Enlace á canción que cantaremos o próximo venres. Ensaiade moito!
 http://www.youtube.com/watch?v=CT3ti7EQmOM