Noraboa Nuria polo teu esforzo e dedicación! unha vez máis se demostra que son as claves do éxito.
viernes, 12 de septiembre de 2014
BENVIDOS UN ANO MÁIS Á BIBLIOTECA DO RATO
Un ano máis dende a Biblioteca do Rato dámosvos a benvida ao novo curso escolar.
Este ano traballaremos nun proxecto científico moi interesante. A ciencia, os experimentos, investigacións e aventuras científicas serán os protagonistas deste novo curso.
Dende aquí animámosvos a todo o alumnado e tamén os papás e mamás a que vos embarquedes nesta nova aventura propoñendo actividades e participandando nas mesmas.
Do mesmo xeito, o equipo da Biblioteca do Rato deséxavos un bo inicio do curso escolar 2014-2015.
RECOMENDACIÓNS DE INCIO DE CURSO
lunes, 23 de junio de 2014
miércoles, 18 de junio de 2014
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
lunes, 16 de junio de 2014
COMUNICÁMONOS A TRAVÉS DO DEPORTE
Dende a Biblioteca do Rato son moitas as actividades que levamos a cabo: sesións contacontos, visitas de autores, traballos diversos, celebracións de festividades..... por iso queremos mostrarvos un resumo das actividades levadas a cabo dende o proxecto "XOGADE", xa que no Ceip Rogelio García Yáñez traballamos por unha educación globalizada con proxectos interdisciplinais e neste caso facemos práctica do dito "mens sana in corpore sano", practicando distintas modalidades deportivas como atletismo, expresión corporal, bádminton, judo, xogos populares entre outros.
![]() |
| Digital slideshow personalized with Smilebox |
martes, 20 de mayo de 2014
LENDAS E ÁRBORES
Outros dos traballiños propostos para o proxecto deste ano era a recollida de lendas da zona e información das árbores máis comúns.
Unha das lendas máis sonada na contorna é a da Virxe da Ponte Peidiz que as alumnas de 2º e 3º Educación Primaria reflexaron nun cómic, que podedes ver a continuación.
Tamén vos amosamos o libriño coas carácterísticas e usos das árbores máis comúns do noso concello que elaboraron os alumnos de primaria.
lunes, 12 de mayo de 2014
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Dende a Biblioteca do Rato rendimos homenaxe a Xose María Díaz Castro.
A continuación tendes uns enlaces de actividades que traballaremos nas aulas sobre a figura deste persoeiro das nosas letras:
Seminario Galán: http://www.seminariogalan.org/
Xogo pasapalabra: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_gallegas_2014.swf
Pasapregunta:http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte/system/files/u27/letras_galegas_2.swf
Telexornal :https://www.youtube.com/watch?v=JUdnBPTcLrg&list=UUCMczPOHPRC1REuRmYPN7Og
Documental sobre Xose María Díaz Castro: https://www.youtube.com/watch?v=xHHlkByQXe8#t=1610
Materiais diversos sobre as Letras Galegas: https://www.youtube.com/watch?v=xHHlkByQXe8#t=1610
Un ano máis tamén festexamos o Día das nosas Letras coa participación no Teatro de Bande. Este ano coa obra titulada, "O restaurante Freás, o mellor de todo Ramirás"

viernes, 9 de mayo de 2014
OS REFRÁNS DE RAMIRÁS
Como xa sabedes este ano seguimos traballando en coñecer un pouco máis o noso concello e o seu entorno, así como as súas costumes tradicións, lendas e refráns.
Desta volta elaboramos un libro con refráns que recompilamos entre todos e que agrupamos nun libriño.
Aquí o tendes para que lle botedes unha ollada.
miércoles, 23 de abril de 2014
O QUIXOTE E A DIETA MEDITERRÁNEA
Dende a Biblioteca do Rato conmemoramos o Día do Libro coa visita de Limiar Teatro que nos representou "O Quixote e a Dieta Mediterránea" .
Un cociñero e ao mesmo tempo actor contounos as peripecias de Don Quixote mentres elaboraba un suculento potaxe de vixilia, o mesmo que comeu Don Quixote antes de ser nomeado cabaleiro andante e que finalmente todos probamos. ¡ Estaba delicioso!
![]() |
| Customize your own free slideshow design |
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm
Aventura dos muíños de Vento.
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm
Suscribirse a:
Entradas (Atom)