Hoxe sae publicado no suplemento Xornal Escolar da Región o xornal de arte que elaboraron os alumnos de 3º e 4º de Primaria.
Aquí tamén podedes botarlle unha ollada.
Esperamos sexa do voso agrado.
O último traballo de arte que fixemos foron uns cadros abstractos con formas xeométricas imitando o estilo de Kandinsky onde a cor é o que máís predomina deixando o obxecto nun segundo plano.
Xa están expostos na nosa galería de arte.
Durante esta semana festexamos O ENTROIDO como se merece. Como ben sabedes, este ano o noso Ratiño ordenou que cada día trouxeramos unha peza de roupa ou accesorio de pintor para rematar sendo uns auténticos artistas. Tamén estudamos as orixes do Entroido e as distintas máscaras e traxes das localidades ourensás. O venres disfrutamos dunha xornada de Entroido con moita festa e xogos .
No día de hoxe recordamos a importancia de que a PAZ triunfe no mundo e para contribuír a logralo os nosos alumnos/as fixeron de contacontos; os alumnos de 1º e 2º contáronnos o conto de Elmer, Analía, de 4º O País dos mandóns e os alumnos de 5º e 6º A bruxa discordia. Recitamos algún que outro poema, cantamos a canción de Pablo López e Juanes "Tu enemigo" e finalizamos a xornada coa entrega do Premio Nobel da Paz aos elexidos polos seus compañeiros previa elección.
Deixámosvos unha selección de fotos do fantástico día
Os alumnos/as de 1º e 2º contando o conto de ELMER.
Analía contando o PAIS DOS MANDÓNS
Pola semana dende a Biblioteca os alumnos de 3º, 4º e 5º imaxinaron que tiñan unha variña máxica ou que eran alguén moi importante e construiron o seu mundo ideal onde a PAZ era a protagonista.
Podedeslle botar unha ollada os seus traballos.
Pola tarde Paco Nogueiras visitou a nosa biblio e disfrutamos dunha
xornada do máis divertida escoitando contiños e cantado as súas cancións ao son do seu uquelele e do seu acordeón.
Un ano máis o noso Ratiño é o encargado das ordes do ENTROIDO. Como este ano, o proxecto da nosa biblio é a Arte e a Pintura, e estamos convertidos nuns auténticos pintores estudando e levando á práctica as súas correntes e técnicas o Rato proponnos disfrazarnos de pintores coas súas vestimentas e accesorios.
Poñédevos a deseñar e a buscar pinceis, paletas, a boina do avó unha camisa ou unha bata, unha boa maquillaxe e listo! Xa somos uns auténticos artistas!!