martes, 14 de febrero de 2017
EN RAMIRÁS, CADA DÍA QUERÉMONOS MÁIS
Con este lema queremos desexarvos un feliz día de San Valentín e mostrarvos a bonita árbore que decora as nosas escaleiras.
martes, 7 de febrero de 2017
MARUJA MALLO
Agora é a queda de adicarlle o estudo e a reproducción da técnica da pintora galega Maruja Mallo.
Aquí tendes a biografía e o mural que está exposto na nosa biblio para que a coñezades un pouco mellor e disfrutes vendo os seus marabillosos cadros.
Aquí tendes a biografía e o mural que está exposto na nosa biblio para que a coñezades un pouco mellor e disfrutes vendo os seus marabillosos cadros.
XORNAL ESCOLAR
Para todos aqueles que vos perdestes a emisión do programa "Xornal Escolar" de Telemiño e para todos os que o queirades volver a ver, aquí o tendes.
Esperamos que vos guste tanto como a nos.
http://www.teleminho.com/video/xornal-escolar/xornal-escolar-ramiras-040217/20170206200158023753.html
Esperamos que vos guste tanto como a nos.
http://www.teleminho.com/video/xornal-escolar/xornal-escolar-ramiras-040217/20170206200158023753.html
lunes, 6 de febrero de 2017
OS NOSOS CADROS DE LUIS SEOANE
Como xa vos mencionamos a principio de curso, este ano estamos a estudar pintores galegos e desta volta tocoulle a Luis Seoane. Despois de repasar a súa biografía, e coñecer as súas correntes artísticas e intereses na pintura reproducimos os seus cadros que xa locen na Galería de Arte Rogelio García Yáñez.
Así de estupendos nos quedaron!
Así de estupendos nos quedaron!
viernes, 3 de febrero de 2017
XORNAL ESCOLAR
O mércores pasado saiu unha reportaxe do noso cole e do noso paso polo plató de Telemiño no suplemento Xornal Escolar da Región.
Lembrade que mañá , sábado 4, emítese o noso programa na canle de Telemiño. Non vo lo perdades!!
Déixovos as fotos e os enlaces ao xornal para que o poidades ver.
lunes, 30 de enero de 2017
DÍA DA PAZ
No día de hoxe, 30 de xaneiro, recordamos e lembramos que a PAZ debémola festexar todos os días para que non teña que haber un día no ano que no lo recorde. Dende a Biblioteca do Rato, contribuímos a pintar a Paz no noso colexio a través dun mural reflectido nun mosaico de pombas decoradas que forman un corazón xigante. Traballamos tamén, na elaboración dun PAZAPALABRA que hoxe puxemos a proba. Ensaimos e aprendemos a canción "Que viva a PAZ e o AMOR" que todos, hoxe, interpretamos. Finalmente gravamos dous vídeos, que hoxe visualizamos, de historias e poemas recitadas polos propios alumnos para contribuir a facer a PAZ no mundo enteiro.
Así festexamos o día e así vos recordamos que "A PAZ comeza cun sorriso" e que " Non hai camiño para a PAZ, a PAZ é o camiño"
"El árbol mágico" narrado polos alumnos/as de 3º de Educación Primaria
"Lío en la clase de ciencias" narrado polos alumnos/ as de 4º. de Educación Primaria
"El árbol mágico" narrado polos alumnos/as de 3º de Educación Primaria
"Lío en la clase de ciencias" narrado polos alumnos/ as de 4º. de Educación Primaria
"Norman" historia escrita por Analía e narrada polos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria.
viernes, 27 de enero de 2017
NO PLATÓ DE TELEMIÑO
Por terceiro ano consecutivo participamos no programa "Xornal Escolar" de Telemiño e hoxe venres acudimos ao plató para gravar o programa que se emitirá o próximo 4 de febreiro.
Desta volta, a entrevistada foi a nosa directora Encarna, que pasou as probas e respondeu as preguntas de Dania, Analía e Jose Antonio. Pasámolo xenial cos nosos, xa amigos de Telemiño, que un ano máis fixéronnos disfrutar dunha experiencia inesquecible xa que poidemos coñecer a mascota do Clube Ourense Baloncesto, O Lobo e participamos nunha solta de globos como conmemoración do Día da Paz.
Déixovos unhas fotos do MAKING OFF para que vexades o ben que o pasamos.
viernes, 20 de enero de 2017
PINTAMOS A PAZ NA BIBLIOTECA DO RATO
Aínda que a PAZ sexa unha situación que debería reinar en calquera momento e en calquera lugar do mundo, dende a Biblioteca do Rato queremos rendir homenaxe ao seu día grande e pintar de PAZ todos os nosos rincóns do cole coas seguintes actividades.
miércoles, 11 de enero de 2017
EXPOSICIÓN DE LECTURAS DE ARTE
Empezamos un segundo trimestre con ganas de aprender e seguir rebulindo na arte, para iso, volvemos a colocar na zona de exposicións libriños de arte con algunha que outra novidade.
Temos unha nova marioneta do noso ratiño na biblio. Aquí vos deixo unha foto para que vexades que feitiño é!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)