martes, 15 de febrero de 2022
ENTROIDO 2022
lunes, 31 de enero de 2022
DÍA DA PAZ
miércoles, 24 de noviembre de 2021
MAGOSTO 2021
O pasado venres 12 de novembro celebramos unha das festas que máis nos gustan: O MAGOSTO! Gozamos dun marabilloso día que nos permitiu facer unha fogueira para asar as castañas e saltar para purificar a nosa "alma". Comemos empanada, chourizos e tamén degustamos un riquísimo chocolate e bica. Tampouco faltaron os xogos tradicionais cos carozos de millo e como manda a tradición, pintámonos coa cinsa. Mirade que ben o pasamos!
domingo, 7 de noviembre de 2021
AS CASAS ENCANTADAS
lunes, 1 de noviembre de 2021
O samaín
lunes, 25 de octubre de 2021
BIBLIOTECAS ESCOLARES
lunes, 31 de mayo de 2021
LETRAS GALEGAS
A semana previa a celebración das letras galegas dedicámonos a informarnos sobre a vida e obra de Xela Arias. Cada grupo realizou unha serie de actividades impresas e outras en liña que atopamos na páxina do Seminario Galán.
Para conmemorar o Día Das Letras Galegas realizamos unhas bandeiras de Galicia, decoradas ao seu gusto e con unhas verbas escritas do libro “Darío a Diario”.
DÍA DO LIBRO
O pasado mes de abril celebramos o día do libro.
Para conmemoralo, propuxemos que cada neno fixera unha recomendación do seu libro favorito. Para iso elaboraron unhas portadas dos seus libros, e durante esa semana, as mostraron no momento lector contando un pequeno resumo e o porqué de que lle guste tanto.
Con todas as portadas fixemos un libro que estará exposto na biblioteca para préstamo. Tamén o deixamos por aquí.
Mirade que portadas máis chulas!
domingo, 14 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
O 8 de marzo conmemora o día internacional da muller e, para celebralo, os nenos e nenas do cole quixeron dedicarlle uns corazóns e unhas bonitas palabras as mulleres máis importantes da súa vida.
Aquí tedes unhas fotiños do gran traballo que fixeron.
FELIZ DÍA A TODAS!!



