martes, 15 de febrero de 2022

ENTROIDO 2022

Un ano máis o ENTROIDO está chegando e este ano as EMOCIÓNS imos sentir!!!
Estas son as ordes deste ano para a semana do 21 ao 24. O venres, cada neno/a traerá o disfrace que máis lle guste e recordade que no ENTROIDO DE RAMIRÁS, quen manda é o RATO.

lunes, 31 de enero de 2022

DÍA DA PAZ

O DÍA 30 DE XANEIRO CELEBRASE O DÍA DA PAZ. POSTO QUE OS NENOS E NENAS DO CEIP ROGELIO GARCÍA YÁÑEZ ESTAMOS TRABALLANDO AS EMOCIÓNS ESTE ANO, DECIDIMOS FACER UNHA TÁBOA DAS EMOCIÓNS PARA ESTA FESTIVIDADE. QUEDOUNOS MOI BONITA!!

miércoles, 24 de noviembre de 2021

MAGOSTO 2021

O pasado venres 12 de novembro celebramos unha das festas que máis nos gustan: O MAGOSTO! Gozamos dun marabilloso día que nos permitiu facer unha fogueira para asar as castañas e saltar para purificar a nosa "alma". Comemos empanada, chourizos e tamén degustamos un riquísimo chocolate e bica. Tampouco faltaron os xogos tradicionais cos carozos de millo e como manda a tradición, pintámonos coa cinsa. Mirade que ben o pasamos!



domingo, 7 de noviembre de 2021

AS CASAS ENCANTADAS

Este ano dende a biblioteca do rato, pediuse aos rapaces e rapazas que crearan casas encantadas. O resultado é un libro que podedes atopar na biblioteca e que tamén podedes ver pinchando na seguinte imaxe. Proba e verás canta creatividade.

lunes, 1 de noviembre de 2021

O samaín

No cole celebramos o samaín e pasamolo moi ben! disfraces do máis terroríficos, talleres, o túnel da bruxa, un xantar de medo....

lunes, 25 de octubre de 2021

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Coincidindo co día internacional das bibliotecas, dende a biblioteca do rato, quen nos acompañará nas novas aventuras deste curso, queremos presentarvos o proxecto que imos levar a cabo.

lunes, 31 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS

A semana previa a celebración das letras galegas dedicámonos a informarnos sobre a vida e obra de Xela Arias. Cada grupo realizou unha serie de actividades impresas e outras en liña que atopamos na páxina do Seminario Galán. 

Para conmemorar o Día Das Letras Galegas realizamos unhas bandeiras de Galicia, decoradas ao seu gusto e con unhas verbas escritas do libro “Darío a Diario”. 









DÍA DO LIBRO

O pasado mes de abril celebramos o día do libro.

Para conmemoralo, propuxemos que cada neno fixera unha recomendación do seu libro favorito. Para iso elaboraron unhas portadas dos seus libros, e durante esa semana, as mostraron no momento lector contando un pequeno resumo e o porqué de que lle guste tanto.

 Con todas as portadas fixemos un libro que estará exposto na biblioteca para préstamo. Tamén o deixamos por aquí. 

Mirade que portadas máis chulas!




domingo, 14 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O  8 de marzo conmemora o día internacional da muller e, para celebralo, os nenos e nenas do cole quixeron dedicarlle uns corazóns e unhas bonitas palabras as mulleres máis importantes da súa vida.

Aquí tedes unhas fotiños do gran traballo que fixeron.

FELIZ DÍA A TODAS!!