jueves, 23 de febrero de 2023

VIVA O ENTROIDO

 

Como non podía ser doutro xeito, durante a semana do 13 ao 17 de febreiro festexamos o Entroido. De luns a xoves seguimos as mandas do meco para converternos nuns auténticos "rockeiros".
O venres 17 acudimos ao cole disfrazados dende as nosas casas. Pola mañá bailamos, divertímonos e corremos polo patio. Despois pintamos e decoramos con cores as olas de barro, que usamos pola tarde para xogar. Á hora do xantar degustamos un delicioso cocido e as típicas orellas de Entroido.
Pola tarde, os alumnos de primaria, xogamos a ser auténticos "carnavaleiros" coas olas de barro e os alumnos de infantil fixeron o mesmo coas súas piñatas.

Así de ben o pasamos neste estupendo día de Entroido.



viernes, 10 de febrero de 2023

ENTROIDO

Un ano máis o ENTROIDO está chegando. Aquí vos deixamos os mandatos deste ano. O venres, cada neno/a poderá vir ao colexio co disfrace que máis lle guste e desfrutaremos desta festa que tanto nos gusta.

Recordade que no ENTROIDO DE RAMIRÁS, manda o RATO e ninguén máis!!







DíA DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebramos o día da PAZ. Para festexar esta data tan especial preparamos durante varios días estas actividades:

- Fixemos mariposas e mensaxes que colocamos neste mural tan chulo:






    - Ensaiamos e bailamos a canción "El mismo sol":


   Recorda que a PAZ hai que celebrala todos os días do ano.

  Bicos de Rato 😊

domingo, 8 de enero de 2023

NADAL 2022

 


NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

 O 25 de novembro celebramos no cole o NON a violencia de xénero. 

Elaboramos un mural coas nosas mans e distintas mensaxes, baixo o lema EVITAR A VIOLENCIA ESTÁ NAS TÚAS MANS.

Tamén os alumnos de infantil traballaron o conto VIVAN AS UÑAS DE CORES!







domingo, 27 de noviembre de 2022

MAGOSTO

O pasado xoves 10 de novembro celebramos o magosto. Gozamos dun marabilloso día que nos permitiu facer unha fogueira  e pintarnos coa cinsa. Comemos empanada, chourizos, un riquísimo chocolate e bica. Como manda a tradición non faltaron as castañas asadas. Tampouco faltaron os xogos tradicionais cos carozos de millo. 

Mirade que ben o pasamos!




BRUXAS DE SAMAÍN

Este ano a Biblioteca do Rato propuxo crear bruxas de Samaín.

Os nenos e nenas crearon a súa bruxa empregando distintos materiais. Tamén describiron como son e os poderes que teñen.

Este é o resultado. Mirade canta creatividade!!

Pincha na foto para ver o resultado.



martes, 8 de noviembre de 2022

SAMAÍN

O venres 28 de outubro, celebramos a nosa festa por excelencia. Exposición de cabazas, disfraces terroríficos, películas de medo, talleres e o que máis nos gusta, o túnel da bruxa. Tamén degustamos un delicioso menú terrorífico.

Que rico estaba todo e que ben o pasamos!




DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Para celebralo, no noso centro recibimos a visita dun contacontos o pasado 25 de outubro. 

Así de ben o pasamos!