Estivemos a repasar o plan de evacuación en caso de emerxencia. Por aquí vos deixamos unha foto de todos e todas nós o día do simulacro.
![]() |
Hai uns días xogamos un
torneo de fútbol sala en Celanova. Pasamos un intre moi agradable xogando e
vendo xogar aos outros equipos.
O pasado 12 de abril o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria visitou o pobo-escola de Lodoselo.
Empezamos a mañá amasando o pan, e
mentres fermentaba cambiamos de prado a un grupo de ovellas e démoslles de
comer. Tamén puidemos dar un paseo en carro e coñecer ao único burro que queda
na aldea. Unha vez que o pan fermentou, metémolo no forno para que estivese
listo para a hora de irnos. Visitamos un xardín sensorial e estivemos en
contacto cos señores e señoras do Centro de Día.
Para terminar o día faláronnos da
importancia de coidar os nosos bosques e puidemos levarnos a casa un carballo
para plantar, ademais do bolo de pan que fixemos.
Pasámolo xenial e ademáis viñemos
coas mans cheas.
O pasado venres visitáronnos dous axentes forestais. Aprendemos unha chea de cousas con eles e responderon a todas as nosas dúbidas, foron moi agradables. Ademais, para terminar plantamos no patio do colexio dous castiñeiros. Temos moitas ganas de velos medrar.
O último día os nenos e nenas de Infantil fixeron unha procura de oviños de chocolate polas zonas verdes do noso recinto escolar. Pasárono xenial e nós tamén porque compartiron cos profes e co alumnado de Primaria todo o que atoparon.
Este ano, no cole, dedicámoslle o Día da Muller a todas as avoas. Quixemos conmemorar mediante a figura das avoas a todas as mulleres que loitaron pola igualdade de xénero e así agradecerlles todo o que fixeron por nós.
Tamén, mediante un teatro de
monicreques contamos a historia de DANIELA PIRATA. Unha historia dedicada a
todas as nenas do mundo, para que nunca ninguén lles diga o que poden ou non
facer.
Hoxe o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria,
acudiu ao auditorio de Ourense para ver a obra de teatro Hugo. Unha peza
teatral que fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferente.
Grazas ao alumnado do centro e ás súas familias temos un novo libro na nosa Biblioteca. Un libro cheo de refráns que nos enche de sabedoría popular sobre o tempo e o clima.
Pulsando nesta imaxe podédeslle
botar unha ollada.
Para iso, visibilizamos mulleres
referentes neste ámbito como foron Marie Curie e Valentina Tereshkova. Tamén
realizamos un reto onde cada grupo loitaba por construír unha estrutura de espaguetes
o máis alta posible. Pasámolo xenial e seguro que pronto repetiremos a
experiencia. Ademais, o alumnado de 4º e 6º de Primaria, puxo en práctica unha
das actividades que nos propuxo o CFR de Ourense desde Polos Creativos.
Para terminar o día cada clase
expuxo na Biblioteca o experimento que preparara previamente na súa aula. Foi
fantástico e o alumnado de infantil deixounos moi sorprendidos co que nos
contaron.
Podedes ver máis fotografías pulsando aquí.