viernes, 19 de diciembre de 2008

Polo Nadal un Libro


O Rato da Biblioteca, recoméndanos para este Nadal uns libros chulísimos, cos que ben seguro parémolo moi ben nestas vacacións.








DENDE A NOSA BIBLIOTECA DESEXAMOSVOS FELICES FESTAS!!

viernes, 14 de noviembre de 2008

24 de Outubro: Día das Bibliotecas

No día en que se conmemorou o Día das Blibliotecas, os nen@s de 5º e 6º representaron unha pequena obra de teatro, tendo como escenario A Biblioteca do Rato. A través desta obra, quixeron acercar o resto de compañeir@s do cole a importancia que teñen os libros na nosa vida cotiá.

sábado, 26 de abril de 2008

Día do Libro

Día do LIBRO

O noso centro celebrou o "Día do Libro" por todo o alto ao longo de toda a semana con diversas actividades:
  • "Cada ovella coa súa parella", xogo que consistiu en enparellar títulos de libros coas súas portadas e buscalos.
  • "A sopa de letras" sobre persoaxes de diferentes contos.
  • "A Olimpiada do Saber" preguntas relacionadas con este mes dos libros para o terceiro ciclo.
  • Murais, exposicións, Contacontos a cargo dos nenos maiores...

viernes, 11 de abril de 2008

Visita do xornalista Jesús M. García



O xoves tres de abril visitou o noso colexio o xornalista de La Voz de Galicia Jesús Manuel García. Dunha forma moi amena e gráfica Jesús Manuel foilles explicando ós nenos como se facía o xornal, cos pasos a seguir para confeccionar unha páxina dende os seus plantexamentos ata o resultado final. Tamén lles explicou en que consiste o traballo dun xornalista e respondeu ás preguntas que lle fixeron os propios nenos e nenas.

viernes, 28 de marzo de 2008

Dia da Poesía e da Árbore

Hoxe, no día da poesía e da árbore os nen@s do noso cole, despois de plantar unha árbore no patio do cole, compuxeron poesías... a maior parte delas, dedicadas ás árbores.

Unha pequena mostra da calidade poética do noso centro é:









Estas composicións son representativas de cada un dos ciclos, dende educación infantil ata sexto de primaria.

Esperamos que vos gusten!!

miércoles, 5 de marzo de 2008

Visita de Anxo Fariña


Antía e Andrea de 6º viron así a visita de Anxo Fariña ó noso colegio:

"Onte visitounos Anxo Fariña que cos seus debuxos impresionou a todolos nenos/as do colexio, dende os máis pequenos ata os máis grandes.

O que máis lles gustou ós peques foron os "pelelliños" uns personaxes máxicos, creados por A. Fariña.

Falounos dos seus libros, entre eles de:

O ladrón de palabras, neste conto as palabras vólvense físicas e descubrimos que teñen moita forza e que con elas pódese facer ben ou mal, depende da elección da xente.

O libro que máis nos gustou ós maiores foi: Os megatoxos e o aprendiz de druida.

Despois de falar dos libros ensinounos a debuxar personaxes. Fixonos dous exemplos con dous nenos do cole. Quedaron moi ben.
¡ Esperamos que nos visite outro día!



o

miércoles, 27 de febrero de 2008


Na "Hora de ler"que comezamos no colexio no mes de febreiro, os alumnos/as de 5º os mercores dedícano á prensa, xa que están no programa da Voz de Galicia "Prensa-escuela"

miércoles, 13 de febrero de 2008

A hora de ler


Este luns no centro comezamos a "Hora de ler", consiste en dedicar 20 minutos diarios a lectura. Todo o centro faino a primeira hora da mañá.

Os nen@s teñen liberdade para ler o que máis lles guste; ben libros da biblioteca ou os que traen eles.