jueves, 28 de abril de 2011

Día do libro

No cole de Ramirás celebramos este mércores o día do libro. A actividade gustou a grandes e pequenos e consistiu no seguinte: a metade dos nenos (segundo e terceiro ciclos) leulle un conto á outra metade (nenos/as de 1º ciclo e Ed. Infantil). Aproveitando o bo día, a lectura realizouse pola tarde no patio. Cada parella buscou o lugar máis axeitado e todos disfrutamos dunha moi agradable lectura ao aire libre.





Outros divírtense doutra maneira cos libros

sábado, 16 de abril de 2011

El Cid


No pasado trimestre os nenos e nenas do terceiro ciclo achegáronse á figura do Cid grazas á lectura da obra adaptada "El Cid contado a los niños". Dita obra estaba programada nas lecturas de lingua castelá. Despois de ler o texto tanto os nenos/as de terceiro como os de segundo ciclo viron a película "El Cid, la leyenda". Despois de comentar as diferenzas e similitudes entre o libro e a película, os alumno@s fixeron os seus resumos.






lunes, 11 de abril de 2011

Encontros PLAMBE 2011

O venres, 8 de abril, estiven nos Encontros PLAMBE das bibliotecas escolares de Galicia. Xa tiña participado nas xornadas que se celebran en outono, pero agora fíxeno como responsable da bibliotaca (levo pouco tempo). É de grandísima axuda o que alí se aprende. Ver o ánimo e entusiasmo de tanta xente tamén axuda a levantar o propio. Noraboa Cristina e Pilar pola organización. Todo moi, moi ben, pero o final co Sr. Neira Vilas foi apoteósico. Encarna dende Ramirás. Podedes ver os materiais, entrando como convidado no espazo moodle no seguinte enlace: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

lunes, 4 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO INFANTIL



O venres primeiro de abril celebramos no cole o día do libro infantil cunha sesión de contacontos moi especial. Os nenos e nenas do terceiro ciclo leron para o resto dos seus compañeiros "O parrulo feo" de Hans Christian Andersen. Dita celebración coincide coa data de nacemento deste autor danés, por eso nada mellor que ler un dos seus contos.

lunes, 28 de marzo de 2011

22 de marzo, DÍA MUNDIAL DA AUGA


Coincidindo co Día Mundial da Auga, no noso cole aprendemos cos bolechas como aforrar auga. A lectura deste libriño fíxonos reflexionar sobre o bo ou mal uso que facemos dela. Recordamos que a auga é a base da vida e un ben escaso e preciado que debemos xestionar de maneira racional para o noso propio beneficio e benestar e o da natureza que nos rodea.



domingo, 27 de marzo de 2011

DÍA DA ÁRBORE

Con motivo do día da árbore, técnicos de medioambiente déronlle unha charla na biblioteca aos nenos e nenas do cole. Logo plantáronse árbores na zona do patio adicada a tal fin.

sábado, 26 de marzo de 2011

Uns días na neve !!!

Un grupo de nenos e nenas do segundo e terceiro ciclos do cole de Ramirás pasaron tres días en Manzaneda. Foron uns días moi intensos nos que os cativos aprenderon a esquiar, ademais doutras actividades. Unha das mais enriquecedoras foi a convivencia con alumnos/as doutros coles. Quedaron todos moi contentos coa experiencia, sobre todo o contacto coa neve, pois na súa localidade raras veces a ven.

domingo, 13 de marzo de 2011

O NOSO ENTROIDO

En tempos de entroido poñémonos man as tesouras, pegamentos, papeis... para facer os nosos disfraces e aquí tendes o noso traballo...



jueves, 10 de febrero de 2011

ABRAPALABRA!

Onte día nove visitounos o mago Carlos Coira co seu espectáculo de maxia ABRAPALABRA!
A representación tivo lugar na biblioteca e os nenos e nenas do cole pasaron uns momentos totalmente máxicos.
Actuación patrocinada pola editorial Galaxia dentro do programa de dinamización lingüística da Xunta de Galicia.